As axudas municipais para necesidades básicas son prestacións, non subvencións

3 1516
Comparte!
A modificación da Lei 9/2007 de subvencións habilita expresamente aos concellos para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial -axudas municipais de emerxencia social- sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións.

 

Nun oficio remitido dende a Consellería de Política Social aos concellos galegos, se informa que no seu artigo 29, a Lei de 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, modifica o artigo 2.2. a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, establecendo que “non teñen o carácter de subvencións as prestacións (…) destinadas a persoas físicas, e as prestacións autonómicas e municipais de natureza similar a estas ou de carácter asistencial”.

Por tanto, como se di no oficio: “a partir do 30/01/2021 (…) os concellos quedan expresamente habilitados, por ministerio da lei, para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial(axudas municipais de emerxencia social destinadas a cubrir as necesidades básicas das persoas en situación de vulnerabilidade) sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións

Ata agora, con carácter xeral e dependendo nalgúns casos de meras interpretacións persoais, algúns concellos viñan seguindo o criterio de aplicarlles a normativa xeral das subvencións ás axudas municipais de emerxencia social, a pesar da clara natureza asistencial das mesmas, na súa condición de prestacións económicas para a cobertura de necesidades básicas da poboación máis vulnerable.

Como teñen denunciado en infinidade de ocasións as propias persoas afectadas tanto ás organizacións de acción social como á propia EAPN Galicia, esixirlles absurdos requisitos burocráticos a quenes carecen de recursos económicos para cubrir as súas necesidades básicas (alimentación, aseo, vestimenta, vivenda…) supón un imposible que está a impedir a súa saída da pobreza e a exclusión social, cando non unha aberta culpabilización pola súa situación.

Compre salientar e agradecer a filosofía didáctica do oficio é a súa detallada xustificación xurídica e metodolóxica, argumentando incluso a menor necesidade do control ex ante ante a obriga de Comunidades Autónomas e entidades locais de comunicar todo tipo de axudas sociais á Axencia Tributaria, o que permite avanzar na oportunidade de sistematizar o control ex post asegurando o bo fin dos fondos públicos pero con moita menos carga burocrática.

Precisamente nos momentos que estamos a vivir, tendo en conta as graves consecuencias sociais derivadas da crise provocada pola pandemia da COVID-19, resulta especialmente oportuno este oficio para remover os atrancos que dificultan que as axudas municipais de emerxencia social cumpran a súa finalidade.

Descarga Oficio Axudas municipais Prestacións non subvencións 110221

Actualización do 15 de decembro do 2021

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ve ilegal a ordeanza fiscal do Concello de Vigo por asemellar como salario as axudas de emerxencia social e apunta que estas axudas de emerxencia non poderán ser obxecto de embargo ou retención como xa ocorre ca RISGA.

O Alto Tribunal galego estima unha contradición coa Lei de Inclusión Social de Galicia que determina que esta renda “terá carácter alimenticio, persoal e non transmisible”, e por tanto, non poderá ser obxecto de embargo ou retención “en garantía de obrigacións”.

Deste xeito, no artigo considerado ilegal destaca que “terán a consideración de soldo, salario ou pensión as cantidades percibidas por un debedor correspondentes á última mensualidade ingresada”. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia indica que este texto “pugna directamente” coa Lei galega.

Actualización 31 de decembro do 2021 e 13 de xullo de 2022. Bono de alugueiro social considérase axuda prestacional de carácter asistencial

O Artigo 33 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas modifica a Disposición adicional vixésimo primeira da a Lei 8/2012 de vivenda de Galicia no seguinte senso:
1. Para efectos do previsto na alínea a) do número 2 do artigo 2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as axudas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero outorgadas pola Administración autonómica teñen a consideración de axudas prestacionais de carácter asistencial.
2. A normativa reguladora das devanditas axudas determinará os requisitos para ter a condición de persoa beneficiaria e o procedemento para a súa concesión no que deberán cumprirse os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación»

Na Disposición Xeral Primeira.3 da RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social queda recollido que “as axudas do bono de alugueiro social outorgadas pola Administración autonómica teñen a consideración de axudas prestacionais de carácter asistencial”

Similar articles

3 Comentarios

  1. Firmino 13 Xuño, 2021 at 11:18 p.m.

    A miña parella estaba de baixa longa,
    X depresión, a empresa ledeu baixo e liderou o alto.
    Aínda mal,a medical insufficiency le da latarxeta de invalid. con 51% aínda malo .
    Non cobres nada,solicitou axuda económica ,cara un ano aínda está á espera dunha resposta do concello ourensán.
    Alimentos básicos .
    Concelleria de asuntos sociais.
    aínda segue esperando.
    un saúdo.

  2. Nepdi Molina 26 Xaneiro, 2022 at 4:47 p.m.

    petición dunha nai
    N
    petición dunha nai
    petición dunha nai
    petición dunha nai 1 petición dunha nai
    petición dunha nai, petición dunha nai:

    petición dunha nai, petición dunha nai (petición dunha nai) petición dunha nai, petición dunha nai, petición dunha nai, petición dunha nai, petición dunha nai, petición dunha nai

    petición dunha nai, petición dunha nai, petición dunha nai, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro. pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro. pero o comezo foi duro (pero o comezo foi duro), pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro. pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro.

    pero o comezo foi duro 18 anos, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero o comezo foi duro, pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar, pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar, pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar.

    pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar(pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar) pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar, pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar. pero a pesar diso sente e quere a emoción de volver estudar.

    A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación; A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, etc.; A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación

    A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación 6 A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación, A vantaxe de contar con esta formación é que se poden adquirir coñecementos en materia de lexislación.

    Gustaríame darlle ao meu fillo a oportunidade de facer esta formación, Gustaríame darlle ao meu fillo a oportunidade de facer esta formación, Gustaríame darlle ao meu fillo a oportunidade de facer esta formación.

    Gustaríame darlle ao meu fillo a oportunidade de facer esta formación, Gustaríame darlle ao meu fillo a oportunidade de facer esta formación.

    Se es pai ou nai de familia que está lendo esta carta, pídoche que abra o corazón e comprenda a unha nai que tenta e chama a todas as portas posibles e confía en que haberá alguén que queira axudarme a cumprir. o desexo do meu fillo ou se coñeces a alguén que me poida axudar e envíalle este correo electrónico para que se poña en contacto comigo ou, por favor, envíame un contacto, xa sexa un correo electrónico ou un teléfono de alguén que me poida axudar, Tamén o agradecería dende o fondo do meu corazón.

    Se es pai ou nai de familia que está lendo esta carta, pídoche que abra o corazón e comprenda a unha nai que tenta e chama a todas as portas posibles e confía en que haberá alguén que queira axudarme a cumprir. o desexo do meu fillo ou se coñeces a alguén que me poida axudar e envíalle este correo electrónico para que se poña en contacto comigo ou, por favor, envíame un contacto, xa sexa un correo electrónico ou un teléfono de alguén que me poida axudar, Tamén o agradecería dende o fondo do meu corazón, Se es pai ou nai de familia que está lendo esta carta, pídoche que abra o corazón e comprenda a unha nai que tenta e chama a todas as portas posibles e confía en que haberá alguén que queira axudarme a cumprir. o desexo do meu fillo ou se coñeces a alguén que me poida axudar e envíalle este correo electrónico para que se poña en contacto comigo ou, por favor, envíame un contacto, xa sexa un correo electrónico ou un teléfono de alguén que me poida axudar, Tamén o agradecería dende o fondo do meu corazón,

    petición dunha nai

  3. María jose 27 Xaneiro, 2022 at 2:44 p.m.

    Levo 6 meses esperando polos servizos sociais novo barbanza agardando a fianza dun piso.Síntome maltratado de malos tratos psicolóxicos, dándome moito tempo, non fan nada e dende o piso onde estaba 8 Levo 6 meses esperando polos servizos sociais novo barbanza agardando a fianza dun piso.Síntome maltratado de malos tratos psicolóxicos, dándome moito tempo, non fan nada e dende o piso onde estaba.

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies