Comeza #Dereitos365. Optimismo e ilusión para loitar contra a pobreza e a exclusión social

1 589
Comparte!

Neste Nadal, as organizacións que traballamos na rede EAPN Galicia queremos demostrar en positivo como estamos a reivindicar a defensa dos dereitos das persoas en pobreza e exclusión e pedimos axuda para seguilo facendo durante todo o ano.

O aumento da pobreza e da desigualdade neste ano que remata fai que a presenza destas problemáticas a nivel político e social sexa imprescindible. Por este motivo, as entidades membro de EAPN-Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza) lanzan unha campaña unitaria de comunicación este Nadal.

O obxectivo é trasladar á opinión pública que as persoas en situación de pobreza e exclusión están vendo vulnerados os seus dereitos, pero non por isto deixan de telos. Baixo a etiqueta #Dereitos365, búscase lembrar a necesidade de facerlle fronte á exclusión social diariamente.

A partir do 16 de decembro e durante todas as festas, sucederanse mensaxes en blogues, redes sociais e webs de todas as persoas e as entidades de acción social galegas que apelen á defensa dos dereitos sociais e a loita contra a exclusión a través da implicación de todas e todos axudando do xeito que consideren oportuno pero sobre todo aportando ideas en positivo sobre como loitar cada un de nos pola dignidade e contra a pobreza e a exclusión social nestas festas, pero sobre todo a partires do 7 de xaneiro.

Porque a desigualdade e a exclusión combátense todos os días, #Dereitos365!

Foto campaña #Dereitos365 ar
EAPN Galicia está integrada por 125 entidades que traballan contra a pobreza e a exclusión en Galicia e ten como misión “defender os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión mediante a incidencia política e social”.

O grupo de Comunicación está formado polas responsables de comunicación de entidades como Autismo Galicia, Arela, COGAMI, Down Galicia, Ecos do Sur, FEAFES, FEGADACE, Fundación Meniños, Fundación Ronsel, Igaxes3 ou Médicos do Mundo. Ademais de organizar accións concertadas de comunicación ou formación, trata de defender a causa e a mensaxe principal da defensa dos dereitos e a dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, moi lonxe de calquera visión asistencialista.

Similar articles

1 Comentario

  1. Martiño Suárez 17 Decembro, 2014 at 8:40 a.m.

    Unha gran iniciativa.

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies