Construíndo un plan de choque contra a pobreza nas familias monoparentais

0 2019
Comparte!
O 27 de novembro tivo lugar en Santiago de Compostela o seminario ‘Familias monoparentais e loita contra a pobreza e a exclusión social’.
Baixo o lema “Construíndo un plan de choque contra a pobreza nas familias monoparentais“, persoas técnicas expertas debatiron e traballaron sobre propostas que melloren a calidade de vida destas familias nas que un adulto so (no 81% dos casos unha muller) coida de un ou varios fillos e fillas.

Toda familia onde haxa nenos e nenas ten que ser unha prioridade á hora de propoñer accións e medidas dende os gobernos para asegurar o seu benestar. Poñemos o foco nas familias monoparentais xa que están caracterizadas porque o 80% están encabezadas por mulleres e porque a metade (47%) están sumidas en situacións de pobreza e exclusión.

Neste sentido, o seminario tivo un dobre obxectivo:

  • Expoñer e analizar a realidade das Familias Monoparentais tanto a nivel estatal como autonómico principalmente dende as esferas de: recoñecemento institucional e inclusión social, vivenda, emprego e conciliación e educación e saúde.
  • A través da concreción da situación destas familias en Galicia extraéronse propostas que poidan ser incluídas no futuro Plan de choque contra a pobreza en Familias Monoparentais da Xunta de Galicia. Tamén se pretende que estas medidas, e mesmo o propio plan, poidan servir de base para elaborar estratexias de actuacións semellantes noutras Comunidades Autónomas e reforzar a estratexia estatal que se está a desenvolver.

Durante a súa intervención, Fabiola García, Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, asegurou a creación deste plan de apoio baixo o paraugas da Lei de impulso demográfico, apuntando concretamente que nel ampliarase o concepto de familia monoparental e crearase un rexistro específico, co obxectivo de darlle a estas o protagonismo que merecen.

Ao seminario asistiron 60 persoas, repartidas entre persoal de organizacións de acción social que traballan con familias monoparentais e persoal técnico da Xunta de Galicia e de concellos e deputacións.

 

Programa:

9:45 Presentación do Estudo ‘Familias Monoparentales y Rentas Mínimas’ de EAPN-España. Graciela Malgesini. Responsable incidencia política

10:15 Dialogo: “Xénero e Pobreza. A situación das familias monoparentais en España’’ Gabriela Jorquera. (Save the Children) e Carmen Flores (Red Estatal de Entidades de Familias Monoparentales)

12:00 Intervención Conselleira de Política Social, Fabiola García e presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto

12:15 Diálogo: ‘Loitando contra a pobreza nas familias monoparentais en Galicia’. Mar Lorenzo, Facultade Educación Social USC e representante da Direción Xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica

12:45 Grupos de Traballo: Propoñendo medidas para un plan de choque contra a pobreza nas familias monoparentais:

        • Inclusión social e recoñecemento institucional. Dinamiza Saray Durán. EAPN Galicia-Ecos do Sur
        • Vivenda accesible. Dinamizan: Andrea Rodríguez. EAPN – CDR Portas Abertas e Ángela Conde. EAPN -Provivienda
        • Educación e saúde. Dinamiza Mónica Otero. EAPN – Fundación Meniños
        • Emprego e conciliación. Dinamiza Raquel Lois. EAPN – Fundación Juan Soñador

 


CONCLUSIÓNS DO SEMINARIO E DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies