Crecemento inclusivo, emprego digno e loita contra a pobreza. Claves do VI Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado
Facultade de Económicas e Empresariais USC, Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016
Neste VI Foro quérese afondar na relación entre as políticas de emprego e as de inclusión social, así como nos retos das diferentes políticas de emprego (formación, orientación, emprego con apoio, garantía xuvenil, etcétera) e ver como aumentar o impacto que teñen nas persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión e a imprescindible coordinación entre e dentro das administracións e co Terceiro Sector Social.
O VI Foro pretende ser unha continuación do traballo comezado nas anteriores edicións contribuíndo á capacitación e participación das asistentes, ademais de visibilizar á realidade da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia e a importancia que o Terceiro Sector e o voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social activa.
Cun enfoque práctico e construtivo, contará coa participación de expertas na materia de emprego e inclusión social, desemprego de longa duración, políticas de emprego para a mocidade e formación enfocada a inserción laboral.
O proceso de inscrición (de balde) xa está aberto. As prazas son limitadas, polo que é importante facelo antes do 25 de novembro neste enlace. PRAZAS SO DISPOÑIBLES PARA DIALOGOS DA TARDE
Programa Foro (resume) Máis información e documentación na web do VI Foro
9.45 INAUGURACION:
10.00 DIALOGO. Cómo reclamamos un emprego e unha vida dignas?
Sonsoles Mosteiro. Participación e emprego digno nunha sociedade inclusiva.
Laura Segade. JovEU, a mocidade como motor de transformación social en Europa.
10:45 CONFERENCIA: Presente e futuro do emprego (decente)
Juan Pedro Velázquez-Gaztelu. www.alternativaseconomicas.coop
11.45 DIALOGO. Un futuro con emprego en Galicia?
Rubén Santamarta. La Voz de Galicia
Santi Riveiro. El Correo Gallego
Julio Pérez. Faro de Vigo
David Lombao. Praza
13.00 DIALOGO. Mellorando a inclusión laboral
Eva Vera. EAPN Galicia – Secretariado Xitano
Simo Deibe. EAPN Galicia – IGAXES3
Mónica Limia. EAPN Galicia – COGAMI
Gabriela Gonzáles. VEGALSA Eroski
Celso Gándara. Unión Cooperativas de Galicia-EspazoCoop
16:00 Presentación Consulta Pilar europeo de dereitos Sociais.
16:30 COMO MELLORAMOS…? Diálogos simultáneos:
As iniciativas de Garantía Xuvenil e Emprego Xuvenil?
A relación entre Servizos sociais e Emprego? Ou é imposible?
A integración das persoas desempregadas de longa duración no mercado laboral?
A Formación para o emprego?
Fai un comentario