A pandemia e o acceso á vivenda agravan notablemente a Privación Material Severa en Galicia

0 501
Comparte!
O 25,7% da poboación galega estaba en 2020 en risco de pobreza ou exclusión (AROPE), fronte ao 24,3% do 2019. 694.367 persoas, 38.389 persoas máis que no ano anterior. Segundo a ‘Encuesta de Condiciones de Vida 2020’ do INE
A gravidade do impacto do COVID-19 xa se comeza a percibir no aumento das persoas en situación de Privación Material Severa que aumenta do 3,6% ao 5,2% da poboación. Este significativo incremento reflicte tamén o empeoramento preocupante dos efectos das dificultades de acceso a unha vivenda para os sectores máis desfavorecidos.

A recen publicada ’Encuesta de Condiciones de Vida (ECV) do 2020 publicada polo Instituto Nacional de Estadística (INE) deixa a Galicia con peores resultados con respecto ao 2019. A porcentaxe de poboación en risco de pobreza ou exclusión (AROPE) aumentou do 24,3% no 2019 ao 25,7% no 2020. 694.367 persoas, 38.389 persoas máis que no ano anterior

Os datos da ECV reflicten parcialmente os efectos da pandemia, pois se refiren ao 2019 no caso de taxa de pobreza e intensidade laboral, e ao último trimestre do 2020 no caso de carencia material recollendo neste caso o efecto da COVID.19.

Risco de Pobreza ou exclusión social (AROPE) e detalle compoñentes a nivel nacional e galego

O empeoramento da Taxa AROPE mantense en dous dos seus compoñentes: Persoas en Risco e pobreza e poboación en situación de Carencia ou Privación Material Severa. Un dato positivo da ECV é en relación ao número de fogares con baixa intensidade laboral, que baixou do 11,9 no 2019 ao 8,5 no 2020 (antes da pandemia), unha baixada de 3,4 puntos moi superior á media estatal (0,9 puntos).

Por primeira vez dende 2009 a taxa de pobreza relativa en Galicia (22,1%, 2,1 puntos mais que no ano anterior) está por encima da estatal (21%, aumentou 0,3 dende o ano anterior). É dicir, 598.000 galegas e galegos atopábanse no 2019 por debaixo do limiar da pobreza (802€ ao mes – 9.626€/ano – para un fogar de unha persoa, ou 1.685€ ao mes – 20.215€/ano – para un fogar de dous adultos e dous menores).

A poboación galega xa se atopaba nunha situación de fraxilidade en termos económicos antes do estallido da pandemia, e polo tanto, con máis dificultades para facer fronte á crise sanitaria e social. Agrávase así a tendencia negativa do ano anterior, constatando un ano mais que o escaso acceso á vivenda agravan a pobreza e a exclusión social en Galicia antes da pandemia.

Fonte: Faro de Vigo

As persoas en situación de Privación Material Severa aumentan do 3,6% ao 5,2% da poboación, estando aínda case dous puntos por debaixo do conxunto do estado.

Cinco dos sete conceptos deste indicador empeoran, en especial aqueles que supoñen poder satisfacer necesidades básicas.

Mención expresa merece o sorprendente pero contrastado aumento do 8,9% ao 14,9% das persoas que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe ao menos cada dous días.

Outro dato importante a destacar é que nos últimos 12 meses, o 6,2% da poboación tivo atrasos no pago de gastos relacionados coa vivenda principal ou en compra a prazos, fronte ao 5% en 2019; así mesmo, un 9,6% non puido permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada, fronte ao 6% en 2019.

Empeoran tanto os ítems relacionados directamente coa vivenda (temperatura axeitada, retraso en gastos alugueiro, luz, auga, etc.) como tamén os indirectos, aqueles que empeoran porque hai que gastar mais na vivenda como é no caso de non ter capacidade para afrontar gastos imprevistos (do 24,4 ao 28,1%).

Seguen vixentes as palabras de Eloína Ingerto, presidenta da EAPN Galicia, na Comisión parlamentaria de Reactivación: ”O elevado gasto en vivenda non digna nin accesible está a actuar como un aspirador de rendas que obriga as persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social”.

Os problemas en vivenda son claros. Nos resultados da enquisa facilítase un desglose dos datos en vivenda por CCAA, que amosan un claro empeoramento das condicións de acceso a unha vivenda digna no conxunto do estado e en menor medida en Galicia: luz natural, ruídos, contaminación, etc.

Con estas e outras informacións e estatísticas oficiais, segue a constatarse que unha reactivación económica e social resultará imposible se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesible.

Dende EAPN Galicia, reafirmamos que as accións de política social están condeadas á irrelevancia se non se reformulan completa e de xeito urxente as medidas que garantan o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible e se non se aumenta de xeito decidido o orzamento propio da Xunta de Galicia neste eido. Asegurando asemade o acompañamento estable e profesionalizado ás persoas con maiores dificultades de empregabilidade ou precariedade laboral.

Máis información: Análisis EAPN España Encuesta de Condiciones de Vida 2020

Casi 12,5 millones de personas está en riesgo de pobreza o exclusión en España según datos de renta previos a la COVID

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies