As axudas municipais para necesidades básicas son prestacións, non subvencións

0 121
Comparte!
A modificación da Lei 9/2007 de subvencións habilita expresamente aos concellos para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial -axudas municipais de emerxencia social- sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións.

 

Nun oficio remitido dende a Consellería de Política Social aos concellos galegos, se informa que no seu artigo 29, a Lei de 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, modifica o artigo 2.2. a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, establecendo que “non teñen o carácter de subvencións as prestacións (…) destinadas a persoas físicas, e as prestacións autonómicas e municipais de natureza similar a estas ou de carácter asistencial”.

Por tanto, como se di no oficio: “a partir do 30/01/2021 (…) os concellos quedan expresamente habilitados, por ministerio da lei, para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial(axudas municipais de emerxencia social destinadas a cubrir as necesidades básicas das persoas en situación de vulnerabilidade) sen ter que someterse ao réxime xeral da lei de subvencións

Ata agora, con carácter xeral e dependendo nalgúns casos de meras interpretacións persoais, algúns concellos viñan seguindo o criterio de aplicarlles a normativa xeral das subvencións ás axudas municipais de emerxencia social, a pesar da clara natureza asistencial das mesmas, na súa condición de prestacións económicas para a cobertura de necesidades básicas da poboación máis vulnerable.

Como teñen denunciado en infinidade de ocasións as propias persoas afectadas tanto ás organizacións de acción social como á propia EAPN Galicia, esixirlles absurdos requisitos burocráticos a quenes carecen de recursos económicos para cubrir as súas necesidades básicas (alimentación, aseo, vestimenta, vivenda…) supón un imposible que está a impedir a súa saída da pobreza e a exclusión social, cando non unha aberta culpabilización pola súa situación.

Compre salientar e agradecer a filosofía didáctica do oficio é a súa detallada xustificación xurídica e metodolóxica, argumentando incluso a menor necesidade do control ex ante ante a obriga de Comunidades Autónomas e entidades locais de comunicar todo tipo de axudas sociais á Axencia Tributaria, o que permite avanzar na oportunidade de sistematizar o control ex post asegurando o bo fin dos fondos públicos pero con moita menos carga burocrática.

Precisamente nos momentos que estamos a vivir, tendo en conta as graves consecuencias sociais derivadas da crise provocada pola pandemia da COVID-19, resulta especialmente oportuno este oficio para remover os atrancos que dificultan que as axudas municipais de emerxencia social cumpran a súa finalidade.

Descarga Oficio Axudas municipais Prestacións non subvencións 110221

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies