Esiximos unha renda mínima para 123 millóns de europeas en pobreza ou exclusión

0 391
Comparte!

Javier Perez, “experto por experiencia persoal” participa representando a EAPN Galicia na rede europea EMIN (European Minimum Income Network) que traballa para a consecución dun réxime de rendas mínimas (en Galicia a RISGA) accesibles e axeitadas

EMIN

EMIN (European Minimum Income Network) é unha rede coordinada por EAPN que traballa para a consecución dun réxime de rendas mínimas accesibles e adecuadas.

Con presenza en todos os Estados membros e ata o 2018, esta rede traballará nun programa de información e incidencia política sobre a necesidade da implementación dun réxime de rendas mínimas. Esta supón, non unicamente unha seguridade de vida digna para aquelas persoas que experimenten a pobreza e a exclusión, senón un beneficio para toda a sociedade. Para máis información sobre as rendas mínimas e a diferenza con outros conceptos, recomendamos a lectura da súa páxina web e deste artigo.

Máis de 123 millóns de persoas viven en risco de pobreza ou exclusión en Europa. Así, por exemplo, hai tres países nos que máis dun terzo da poboación está en risco de pobreza ou exclusión social: Bulgaria (41,3%), Romanía (37,3%) e Grecia (35,7).

En España, a última Enquisa de Condicións de vida 2016 amosa o dato de que case unha de cada tres persoas no noso país (27,9% da poboación) está en risco de pobreza ou exclusión social e unha de cada cinco vive con menos de 8.200 euros ao ano. En Galicia a recuperación económica non chega as case 700.000 galegas e galegos en risco de pobreza, un 25,4% da poboación.

Asistencialismo Limosna no es solución

En canto a rendas mínimas, España é un territorio con amplas diferenzas e pouco evolucionado. Conta con 17 rendas de inserción diferentes, e dende os niveis de cobertura ofrecidos en País Vasco e Navarra ata os de Castilla La Mancha, nos atopamos cunha gran amalgama de regulamentos, instrucións internas e requisitos de acceso que lonxe están de lograr unha igualdade de oportunidades real e unha loita efectiva contra a pobreza e a exclusión homoxénea en todo o Estado.

En Galicia, con tres anos de retraso, aínda esperamos que este 2017 se publique o Decreto que desenvolva a Lei Galega de Inclusión e, polo tanto, unha Renda de Inclusión Social (RISGA) que semella claramente ineficaz e que unicamente constitúe un parche para aquelas persoas que se atopan en situación de pobreza extrema.

O Parlamento Europeo posicionouse recentemente e instou á Comisión Europea a que actúe para que exista unha Renda Mínima en todos os países da UE, e que garanta unha vida digna a aqueles que están en situación de pobreza e/ou exclusión social. É por isto que EAPN Europa quere poñerse á cabeza de esa reivindicación, actualizando o anterior informe EMIN (siglas en inglés de Renda Mínima Europea), e facendo incidencia política, non so ante a Comisión Europea, senón tamén concienciando á poboación dos países da UE sobre os beneficios da existencia dunha Renda Mínima.

Así nace o proxecto EMIN2, que en EAPN España coordina Graciela Malgesini, e en cuxo Comité Director, aparte de membros de EAPN Europa, representantes da Unión de Sindicatos Europeos, membros da Universidade de Amberes (colaboradores técnicos do proxecto), etc., figuran dúas persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social (o que chaman “Expertos por experiencia persoal”), cuxa misión é aportar ao proxecto a súa visión e as súas vivencias dentro dun sistema de rendas mínimas.

Javier Perez, “experto por experiencia persoal” e unha das máis de 123 millóns de persoas que viven en risco de pobreza ou exclusión nunha Europa na que os recortes de dereitos e liberdades non fixeron máis que empeorar a situación de millóns de persoas, cóntanos en qué consiste o proxecto EMIN2.

A proposta de EAPN Galicia e EAPN España, foi designado como unha das dúas persoas en situación de pobreza que forman parte do Comité Director do proxecto: Tratarei de aportar toda a miña experiencia persoal a este proxecto por unha Renda Mínima en todos os países da UE, defendendo o que penso que é de xustiza social, con todo o respecto pero tamén con toda a firmeza.

Os gobernos nacionais da UE deben situar a loita contra a pobreza e a desigualdade no centro da axenda política. En España, esiximos a todos os partidos políticos unha Estratexia de Loita contra a Pobreza, así como un sistema estatal de rendas mínimas que complemente os distintos sistemas autonómicos e sexa compatible con outras axudas e ingresos xa que os ingresos mínimos decentes e progresivos forman unha importante base sobre a cal construír sociedades equitativas e inclusivas, con maiores niveles de protección social e de emprego pleno e de calidade.

Para máis información:

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies