Mozas e mozos fan propostas contra a pobreza que sofren unha de cada tres persoas da súa idade #MocidadeTransforma

0 875
Comparte!

O 9 de maio, celebrouse en Santiago de Compostela “A mocidade como motor de transformación social “. Un encontro de participación para dar voz aos mozos e mozas organizado polo alumnado da Escola Universitaria de Traballo Social da USC e EAPN-España e coa colaboración do Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC.

Cando catro de cada dez persoas pobres en España teñen menos de 30 anos, este encontro, que se celebrou no Día de Europa, pretendía reforzar as capacidades e fortalezas da mocidade e dar a oportunidade de propor e transmitir demandas contra a pobreza e a exclusión nos eidos de vivenda, emprego e educación.

 

Na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, en Santiago de Compostela celebrouse de 16 a 20:30 o encontro de participación: ‘’A mocidade como motor de transformación social. Construímos unha Europa Social e loitamos contra a Pobreza e a Exclusión Social en España’’

No marco da materia de Inclusión Social do terceiro curso da Escola Universitaria de Traballo Social, xorde a inquedanza e necesidade de debater e desenvolver propostas de mellora e cambio social en diversos eidos que determinan a pobreza e a exclusión social na mocidade. Dende comezo de 2019 se teñen realizado entrevistas e xuntanzas con mozas e mozos e organizacións especializadas para identificar problemáticas e demandas, que neste encontro se puxeron en común coa idea de seren consensuadas e transmitidas a partidos políticos e institucións.

Segundo o último informe ‘’O Estado da Pobreza. Seguimento do indicador de pobreza e exclusión social en España’’, os mozos e mozas entre 16 e 29 anos foron os que sufriron nos últimos anos o incremento máis intenso da pobreza: o 29,6% estaban nesta situación no 2017.

Unha de cada catro persoas en pobreza (23,8%) teñen menos de 18 anos, E se a estes se lles suman os menores de 29 anos, o resultado é que dúas de cada cinco persoas en pobreza (39,1%) son mozos e mozas menores de 30 anos.

Os fogares con menores teñen taxas de pobreza máis elevadas de aqueles compostos só por adultos e esta pobreza está sendo unha herdanza para as seguintes xeracións.

A saída da crise apenas está chegando á mocidade. Unha de cada dúas persoas de entre 16 e 29 anos teñen un contrato a tempo parcial, e a pesar da reducción das diferencias nesta última década, a taxa de actividade dos homes segue sendo un 22% superior á das mulleres.

Neste contexto o encontro buscaba dar voz aos mozos e mozas que son as que mellor coñecen a súa realidade e as súas necesidades.

Na xornada púxose en marcha un espazo de participación e diálogo que facilite desenvolver propostas de mellora e cambio social nos eidos de vivenda, emprego, e educación. Cun enfoque de xénero e centrado na participación, para loitar contra a pobreza e contra a exclusión social da xuventude en Galicia, España e Europa, estará dispoñible próximamente o documento final de conclusións e propostas.

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies