Menos persoas en pobreza ou privación material severa… Por agora?

Comentarios desactivados en Menos persoas en pobreza ou privación material severa… Por agora? 1384
Comparte!
O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2019’ revela que 622.294 persoas estaban en Risco de Pobreza e/ou Exclusión Social no ano 2018, algo máis de 10.000 persoas que o ano anterior.
A redución de medio punto na taxa AROPE femenina, en contraste co aumento de 1,4 puntos entre os homes, motivou que a diferenza por sexo sexa de menos de dous puntos porcentuais.
Galicia é unha das seis comunidades autónomas que conseguiu reducir a súa taxa AROPE a cifras inferiores ás do comezo da crise. Sen embargo debe destacarse que nos últimos tres anos, de notable recuperación macroeconómica xeral, a taxa de pobreza en Galicia practicamente mantívose inmóbil.
O 4,8% da poboación galega vive en pobreza severa, é dicir, con ingresos inferiores a 370€/mes.

O 23% da poboación galega, 622.294 persoas, atopábase no 2018 en risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE polas siglas en inglés), 10.209 persoas maís que no 2017 cando a taxa foi do 22,6%.

A saída da crise non está chegando a todos por igual. Esta é unha das conclusións do oitavo informe O Estado da Pobreza en Galicia 2019, feito público por EAPN Galicia no marco do informe El Estado de la Pobreza‘, presentado por EAPN España co seguimento exhaustivo do indicador de risco de pobreza e exclusión social en España en base a datos de Eurostat, Instituto Nacional de Estatística (INE) e do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

A pesares do incremento, Galicia é unha das cinco comunidades autónomas que conseguiu reducir a súa taxa AROPE a cifras inferiores ao comezo da crise, do 25,1% no 2008 ao 23% no 2018.

Tamén é importante mostrar a diferente evolución do AROPE por sexo no último ano, que liquidou, polo momento, as importantes diferenzas que se rexistraron nos anos anteriores: incremento de case dous puntos da taxa masculina e redución de 1,5 puntos da feminina. Ainda así no 2018 un 23,9% da poboación feminina estaba risco de pobreza ou exclusión, fronte ao 22,1% da poboación masculina

Dos tres compoñentes da taxa AROPE, o principal é o de risco de pobreza que no 2018 supuxo ingresar menos de de 8.871€ ao ano (739,2€/mes) nun fogar dunha soa persoa.

No ano 2018, a taxa de pobreza relativa de Galicia mantívose en termos semellantes ós do ano anterior, aumentando unha décima (pasando de 18,7 a 18,8). En termos absolutos, Galicia ten unhas 508.000 persoas, 1.000 más que o ano anterior, en risco de pobreza. Debe destacarse que nos últimos tres anos de recuperación económica, a taxa de pobreza en Galicia practicamente se mantivo inmóbil. Ainda así, esta taxa segue a ser inferior ao promedio estatal, situado no 21,5% da poboación.

A feminización da pobreza que se detecta en todo o estado, tamén se ve reflectida en Galicia, sen embargo, ao igual do que sucede coa taxa AROPE, no 2018 se produce unha práctica equiparación dos datos desagregados por sexo. Así, mentres que no 2017 un 20,5% das mulleres se topaba nesta situación, fronte ao 16,9% dos homes, no 2018 a taxa de pobreza do 18,9% para as mulleres e do 18,8% para os homes.

O 4,8% da poboación galega, 128.000 persoas, atopábase no 2018 en situación de pobreza severa, esto é, con ingresos inferiores a 370€ mensuais (4.440€ ao ano para un fogar dunha persoa). Cunha redución importante respecto ao incremento sufrido o ano anterior, co cal a cifra volve a unha posición históricamente máis habitual, por debaixo da taxa da media nacional (5,7%).

Esta diminución non debe facer esquezar que a cifra segue a ser moi superior á do 2008 cando foi do 3,4%. Tamén é destacable o feito de que diminúe a pobreza e privación material severa pero isto non implica que se reduza a taxa de risco de pobreza ou exclusión, senón todo o contrario. A febleza desta melloría de seguro desaparecería nun novo esceario de crise económica.

Ao contrario que no conxunto do estado, as persoas en situación de Carencia Material Severa diminúen notablemente (do 2,4% ao 1,6% da poboación). Os sete conceptos deste indicador baixan, agás para o grupo que non pode permitirse ir de vacacións unha semana ó ano, que se incrementou 3.9 puntos.

O 11,1% da poboación menor de 60 anos que reside en Galicia vive en fogares con baixa intensidade de emprego. Aínda que se reduciu este ano nove décimas por primeira vez dende o ano 2012, a cifra posiciónase por encima da media nacional.

Principais titulares do informe:

  • No 2018, un total de 622.294 persoas, o 23,0% da poboación residente en Galicia, estaba en Risco de Pobreza e/ou Exclusión Social (AROPE nas siglas en inglés). Tres puntos por debaixo da media estatal pero por riba do 2017 que foi do 22,6%.
  • Galicia é unha das cinco comunidades autónomas que conseguiu reducir a súa taxa AROPE a cifras inferiores ao comezo da crise, do 25,1% no 2008 ao 23% no 2018.
  • 23.9% das mulleres seguen en risco de pobreza ou exclusión fronte ao 22,1% dos homes. Pero redúcese substancialmente a diferencia coa redución de medio punto da taxa feminina fronte ao aumento de 1,4 puntos na dos homes.
  • No 2018, un 18,8% da poboación galega estaba en pobreza (508.000 persoas). 1 décima máis que no 2017 e 2,1 puntos menos dende 2008.
  • A feminización da pobreza redúcese. Un 18,9% das mulleres se atopaban en situación de pobreza no 2018, fronte ao 18,8% dos homes. Entre 2017 e 2018, 24.689 homes entraron na pobreza (+1.9 puntos) e 23.011 mulleres saíron da mesma (-1.6 puntos)
  • A loita contra a pobreza severa retárdase. 128.000 persoas, o 4,8% da poboación, vive con ingresos inferiores a 370€/mes. Unha porcentaxe moi superior ao do 2008 cando foi do 3,4%.
  • 327.000 persoas, unhas 30.000 máis co ano anterior, reciben unha pensión cuxo importe é inferior ó mínimo considerado para non ser pobre. É dicir, o 42,8% de tódalas pensións e o 53,2% das de viuvez. O 11,9% están por debaixo do limiar da pobreza severa.
  • Ao contrario que no conxunto do estado, as persoas en situación de Carencia Material Severa diminúen notablemente (do 2,4% ao 1,6% da poboación). Os sete conceptos deste indicador baixan, agás para o grupo que non pode permitirse ir de vacacións unha semana ó ano, que se incrementou 3.9 puntos.
  • O 11,1% da poboación menor de 60 anos que reside en Galicia vive en fogares con baixa intensidade de emprego. Aínda que se reduciu este ano nove décimas por primeira vez dende o ano 2012, a cifra posiciónase por encima da media nacional.

Descarga informe: Estado da Pobreza en Galicia 2019

El Acceso a informe Estado de la Pobreza EAPN España

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies