Un plan para defender os dereitos das persoas sen fogar

0 1381
Comparte!
A Xunta de Galicia aproba o Plan de atención ás persoas sen fogar 2019 a 2023 cunha filosofía baseada na defensa dos seus dereitos e da súa inclusión social.
Superar o asistencialismo, fomentar a coordinación entre administración autonómica e local e coas organizacións sociais, implantar medidas de mellora da saúde mental e asegurar vivendas dignas, son algunhas das claves.
Primeiro Premio

Foto: Con dúas bicicletas. Juan Patiño. Primeiro Premio III Concurso de Fotografía “A pobreza e a exclusión social en Galicia” 2013

 

A Xunta de Galicia ven de aprobar o Plan de atención ás persoas sen fogar 2019-2023. Unha boa nova tanto polo intenso proceso previo de participación de institucións, organizacións e profesionais especializadas ou polo seu rigor pero sobre todo pola súa filosofía nada asistencialista baseada na defensa dos dereitos das persoas e da súa inclusión social, poñendo a necesidade de ter unha vivenda digna como prioridade.

Plan Atención ás Persoas sen fogar_Xunta Galicia. Xullo 2019 (Pdf)

Culmina así unha etapa de intensa incidencia política dende EAPN Galicia e as súas entidades membro especializadas. Cando hai seis anos comezou a incidencia neste tema para que a Xunta de Galicia tivera un papel estratéxico e de liderado contra esta problemática, cada concello iba facendo o que podía, en moitas ocasións cun enfoque asistencialista irrespetuoso coas persoas e os seus dereitos.

Entre as mais de 100 medidas do plan destacan as que pretenden afrontar de xeito integral a complexa situación das persoas sen fogar: vivenda, saúde mental, inclusión social, emprego, discriminación de xénero, aporofobia, etcétera.

Un primeiro paso na Xunta de Galicia para asumir que a vivenda é o primeiro

Dun xeito aínda tímido pero co Plan comézase a loitar de xeito decidido contra a emerxencia da exclusión residencial en Galicia, Están previstas 100 vivendas para o aloxamento de persoas sen fogar, que sirvan como punto de partida para o seu acompañamento social. O plan combina a mellora dos centros e recursos xa existentes coa aposta por metodoloxías innovadoras como o housing first, coa que se procura que a persoa conte cun fogar como paso previo a iniciar a súa reinserción social e non despois para completala.

E destacable a mellora na coordinación entre Sanidade e Servizos Sociais, especialmente no que se refire á saúde mental. No eido do emprego hai tamén un avance na coordinación e redución de burocracia entre Política social e Emprego, por agora limitado á RISGA, pero agárdese que en breve a Secretaría Xeral de Emprego cumpra os seus ambiciosos compromisos neste aspecto.

No referente á loita contra a aporofobia tamén se inclúen medidas informativas e educativas contra o odio as persoas sen fogar. No eido da igualdade, recóllese a elaboración dun estudo sobre a situación específica das mulleres sen fogar e a posta en marcha dun proxecto de acompañamento social dirixido a elas.

As persoas sen fogar en Galicia

O Plan xurde trala elaboración no 2017 do Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017: trazos e propostas de intervención

Este Estudo, desenvolvido dende Cruz Vermella, amosa información imprescindible sobre a situación das persoas sen hogar en Galicia.

    • O reconto realizado no marco deste estudo no 2017 estimou o número de persoas sen fogar en Galicia en 1263. Os último datos oficiais da Enquisa a persoas sen fogar (INE 2012) falaba de 1903 persoas sen fogar. Un 24 % maior á estimada no 2005.
    • Case a metade (45,1 %) na provincia de Pontevedra, seguida de A Coruña co 22,2%
    • Perfil prototipo: home (80 %), idade media de 45 anos, nivel de formación baixo (só o 6 % con estudos superiores), de nacionalidade española (70 %) e solteiros.
    • Destaca o incremento do número de mulleres, especialmente en situación administrativa irregular, a gran maioría con problemas de violencia machista e agresións sexuais.
    • Máis do 80 % en situación de desemprego. Con todo, tamén existen persoas sen fogar ocupadas, ou con estudos superiores.
    • Para a maior parte a principal fonte de ingresos é a esmola (ao redor dun 40 %), seguidas por pensións ou prestacións sociais.
    • Os problemas de saúde son patentes, cunha incidencia notable de adiccións e saúde mental. Ademais, a adhesión aos tratamentos é baixa.
    • Elevada cronificación: o 68% leva mais de tres anos nesta situación. De ahí á dificultade para resolvelo con meras actuacións asistencialistas e non traballo de inclusión social a medio e longo prazo.
Requisitos para o éxito do Plan

Comeza agora o proceso para asegurar que se cumpla o comprometido. Está previsto que o seguimento se faga no marco da Axenda Social de Galicia da que EAPN é impulsora xunto á Xunta e FEGAMP. Pero a credibilidade do Plan será efectiva se xa nos orzamentos do 2020 aparecen partidas de nova creación ou aumentos das actuais.

Dende EAPN cremos que son imprescindibles tres requisitos para o éxito do Plan:

  1. As persoas sen fogar son as que están no escalón mais alto de sufrimento, pero un 7,2% da poboación galega (180.000 persoas) estaba no 2017 en risco de pobreza severa. No 2018 621.401 persoas estaban en risco de pobreza (23%). A Xunta ten a oportunidade de cumplir no 2030 o seu compromiso (e do conxunto do Estado Español) co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 1: Reducir a metade no 2030 a pobreza e exclusión social .
  2. A falta de vivenda e a exclusión residencial está sendo un problema gravísimo e urxente para moitas galegas e galegos, como di o último informe FOESSA de Caritas. O incremento dos costes vinculados coa vivenda está a supor que apenas sirva o aumento das prestacións sociais.
  3. O aumento brutal da burocracia está supoñendo un problema xa non so de parálise para as ONG, senon para es persoas mais vulnerables, en especial as persoas sen fogar. Achegarse hoxe aos servizos sociais públicos (municipais ou autónomicos) na procura de axuda urxente está sendo un auténtico calvario para moitas persoas.

No 2013 semellaba imposible que houbera un Plan autonómico sobre as persoas sen fogar. Aquí o temos. ¿No 2019 semella imposible rematar co chabolismo e a infravivenda en Galicia?

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies