Unha oportunidade para loitar contra a pobreza severa en Galicia?

0 236
Publicado o Decreto 14/2019 que desenvolve na súa totalidade a Lei 10/2013 que regula a RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia) e no que se recollen demandas e propostas presentadas desde EAPN Galicia.

Publícase hoxe o Decreto 14/2019 de desenvolvemento integral da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, regulando todos os tramos da RISGA que se contemplaban na mesma.

Culmina así, con case cinco anos de retraso sobre o establecido na Lei, un proceso constante de incidencia política realizado dende EAPN Galicia e as súas entidades membro presentando emendas durante todo o proceso de diálogo, interlocución e exposición pública que trataran de mellorar a calidade de vida das persoas perceptoras da RISGA.

Coa limitación de que as emendas so podían referirse a aspectos que non implicaran a modificación da Lei 10/2013, no decreto hoxe aprobado figuran melloras como as seguintes:

  • Recoñecemento das Axudas de Inclusión Social (AIS) como dereito subxectivo avanzando na súa complementariedade e simplificando a solicitude de xestión.
  • Posibilidade de percibir dous complementos de vivenda íntegros no mesmo enderezo.
  • Aumento do complemento de vivenda, pasando de estar nun 10% a un 15% nos casos de familias con menores a cargo.
  • Compatibilidade do complemento de vivenda con outras axudas da mesma finalidade.
  • Melloras puntuais naquelas familias con nenos ou nenas a cargo (en especial familias monoparentais).
  • Aumento do prazo (de 18 a 24 meses) de percepción da renda en agrupacións voluntarias de convivencia (aínda que segue tendo carácter temporal).
  • Redución do requisito inicial de duración de 9 meses do contrato de traballo no tramo de transición, pasando a ser de 6 meses.

Coa aprobación do decreto e a a posta en marcha dos tramos de Inserción e Transición ao Emprego previstos na Lei de Inclusión agárdase unha mellora nos importes da RISGA e no éxito dos procesos de inclusión social para o 7,1% dos galegos e galegas (192.000 persoas) que vivían no 2017 en situación de pobreza severa. Garantir que isto sexa así obriga, como se recoñeceu no Consello Galego de Benestar ou na nova versión da Axenda Social de Galicia, a un seguimento exhaustivo da implantación do decreto nas administracións públicas galegas e organizacións de acción social implicadas evitando especialmente que a burocratización de todo o procedimento non perxudique as persoas perceptoras da RISGA.

Dende EAPN Galicia, a incidencia política cara un sistema de garantía de ingresos e de rendas mínimas suficientes, accesibles e dignas “para quen o precise e durante todo o tempo que o precise“, seguirá a ser unha prioridade, insistindo en melloras ainda non recollidas como a simplificación burocrática, a transparencia do sistema, asegurar a inclusión de persoas e colectivos non directamente recoñecidos, garantir o interese superior do menor e favorecer en prazos e importes a aquelas familias con nenos e nenas a cargo, normalizar a solicitude e percepción da RISGA a persoas migrantes, etc.

Máis info:

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies