V Foro sobre pobreza e exclusión social: Compromiso, Coordinación, Causas e Oportunidades para unha inclusión efectiva

0 1744

Simultáneamente celebrarase o II Agora do Terceiro Sector, presentando propostas innovadoras de organizacións de acción social, cooperación e economía social.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015 na Facultade de Filosofía da USC

CARTEL EAPN FOROCompromiso en orzamentos e planificación estable, Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa que supere o asistencialismo son as tres esixencias que profesionais e voluntarias das organizacions sociais reclaman para reducir sustancialmente o 23,8% da poboación galega que se atopaba en 2014 en pobreza ou exclusión, 654.000 persoas.

Tres reclamacións que baixo o lema “As persoas primeiro: Non abondan as palabras. Queremos compromisos!” esixen tamén e de xeito clamoroso moitas destas persoas. Nas pasadas elecións municipais ou diante da Valedora do Pobo e os nosos deputados e deputadas.

Este será a clave do V Foro sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado que organiza o 24 de novembro en Santiago de Compostela a Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), a Coordinadora Galega ONGD e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI Galicia) coa colaboración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.

Como en anteriores edicións, este V Foro pretende contribuír á capacitación das persoas asistentes en aspectos relacionados coa inclusión activa e o acceso a recursos de calidade, ademais de visibilizar á realidade da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia e a importancia que o Terceiro Sector e o voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social activa. Sempre favorecendo o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social e dar a coñecer experiencias de éxito.

Coñecer experiencias positivas de coordinación noutras comunidades ou as demandas que dende as organizacións sociais se prantexan nas vindeiras elecións xerais, analizar propostas de mellora e debatir de xeito construtivo entre representantes políticos e técnicos ou fomentar a formación específica e o dialogo entre profesionais e voluntariado en aspectos como a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), a difícil relación entre inclusión e emprego ou a pobreza que afecta ao 53% das familias dunha nai e os seus fillos, son algún dos temas que se tratarán no Foro.

O proceso de inscrición (gratuíta) xa está aberto. Dado que as prazas son limitadas, é importante facelo antes do 22 de novembro neste enlace

 

CARTEL II AGORA DEFUn “Ágora” para o coñecemento rápido de propostas innovadoras

Dentro do programa do V Foro e tralo éxito da anterior edición, levarase a cabo a segunda Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado, na que once organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social exporán, durante 15 minutos e ante un auditorio reducido de persoas interesadas, proxectos innovadores na loita contra a pobreza e a exclusión social. As entidades participantes disporán de 6 minutos para falar da súa idea e outros 9 para interactuar cos interesados.

Exporanse propostas relacionadas coa inclusión social, o traballo en rede entre organizacións ou universidades a políticas educativas, o software libre, o fomento do comercio xusto ou o uso das novas tecnoloxías e as redes sociais na loita contra a exclusión social.

Programa AGORA EAPN 2015 DEF

 

 

Programa Foro (ver detalle en Programa V_Foro_Pobreza EAPN DEF

9.15 RECEPCION

9.45 INAUGURACIÓN: Compromiso, coordinación e causas

10.00 DIALOGO. Persoas que participan. Esiximos compromisos e feitos, non palabras.
Yosehanna Ledesma e Javier Pérez. Grupo de Participación EAPN Galicia.

10:45 CONFERENCIA: Problemas e retos na loita contra a pobreza e a exclusión social en España
Carlos Susías. Presidente EAPN España

11:45 CONFERENCIA: Claves para unha coordinación efectiva entre administracións e organizacións sociais
Antonio Fernández Moro. Director Técnico de Acceso a los Servicios Sociales. Junta Castilla y León

12:30 DIALOGO: Compromiso e coordinación na loita contra a pobreza?

  • Amparo González. D.X. Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Xunta de Galicia.
  • Manuel Requeijo. Alcalde Muras (Lugo).
  • María Godoy. Concelleira Servizos Sociais Ourense.
  • Concha Fernández. Concelleira de Políticas Sociais,Diversidades e Saúde. Santiago.
  • Ana González. Concelleira Servizos Sociais Lugo.
  • Silvia Cameán. Concellaría de Xustiza Social e Coidados.A Coruña
  • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. (Pendente confirmar)

13.30 AGORA DO TERCEIRO SECTOR

16:00 TALLERES SIMULTANEOS:

Retos para unha RISGA efectiva: Clamando por un Decreto

  • Grupo RISGA EAPN Galicia.
  • Isabel Pellicer. Subdirectora Xeral Inclusión. Xunta de Galicia.
  • Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Inclusión e emprego: Unha relación imposible?

  • Xosé Alberte Cea (orientador laboral)
  • María Mancebo (EAPN Galicia – Secretariado Xitano)
  • Ana Martínez (EAPN Galicia – Down Galicia)
  • Simo Deibe (EAPN Galicia- IGAXES3)
  • Chus Lago. Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

Máis soas que nunca?: Pobreza e exclusión en familias monomarentais

  • Violeta Assiego. Analista, investigadora y abogada
  • Estefanía Lema Moreira. Educadora Social. Integrante aBeira, Grupo Intervención Socioeducativa con Familias
  • Carmen Flores. Presidenta Federación de Asociaciones de Madres Solteras.
  • Cáritas Interparroquial Santiago. Programa Familias Monoparentais.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR