Somos persoas, non expedientes! Como reclamamos os nosos dereitos?

0 1235
Comparte!

Baixo o lema “Non pido axudas, esixo os meus dereitos!“, máis de 90 persoas asistiron ao VII Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva #ReclamoDereitos

EAPN-Galicia celebrou o 3 de xuño na Casa das Asociacións de Benestar Social en Santiago de Compostela o seu evento de referencia, o VII Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva. Un encontro no que as profesionais e voluntarias das organizacións que forman parte da rede buscan escoitar e aprender das persoas en risco de pobreza ou exclusión que son as protagonistas e teñen a oportunidade de falar e contar os seus puntos de vista, opinións, problemas, perspectivas, etc.

Cartel VII Encontro Participacion eapn_flyerA4_2016-01 (3)

De camiño para as elecións xerais e autonómicas este VII Encontro pretendeu ser un espazo de aprendizaxe e reflexións que potencie o empoderamento das persoas, a súa verdadeira participación social e que apoie as súas capacidades para comprender e reconducir as dificultades e problemas que afectan ás súas vidas.

Baixo o lema “Non pido axudas, esixo os meus dereitos!“, o tema vertebrador desta edición foron os dereitos sociais mínimos que se deben de cumprir para ter unha vida digna e a reclamación dos mesmos se non se cumpren. Así, mentres as persoas asumen os seus deberes, reivindican os seus dereitos e loitan por eles, están a poñer en práctica diferentes iniciativas e colaborando entre elas para tentar mellorar a súa situación desde a dignidade e a inclusión.

Porque defender os nosos dereitos?Sueños y zapatos

O Seminario dará comezo cunha presentación por parte da Valedora do Pobo, Milagros Otero, que achegou ao funcionamento dun dos piares institucionais básicos na defensa dos dereitos das persoas. (Ver en Youtube)

Que entendemos por unha vida digna? Como defendemos os nosos dereitos?

Co fin de fomentar o coñecemento sobre dereitos sociais e a súa regulación a nivel lexislativo Luis Barreiro, profesor da Escola de Traballo Social da USC, afondou en dereitos fundamentais como emprego e vivenda, así como nun dereito tan complexo e importante como o da participación, ademáis de ofrecer ferramentas útiles para reclamalos no caso de que se vexan vulnerados.

Somos persoas, non expedientes!

As persoas participantes reflexionaron sobre o que conleva ter unha vida digna e como defender que se cumpran os dereitos mínimos para chegar ata ela. Ao remate do seminario, estas reflexións recolleronse nun documento que está servindo de referencia para as propostas e demandas que dende EAPN Galicia reclamarán nas vindeiras eleccións autonómicas.

Conclusións VII Encontro Cidadanía Inclusiva 030616 Castelan V1

Soños e zapatos

Como remate das xornadas, contouse coa presenza do grupo de teatro Diversos, que representou a súa obra “Soños e zapatos”

Album fotografías (Facebook)

br IMG_7481

Programa VII Encontro Participacioneapn_flyerA4_2016-02 (3)

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies