A mocidade galega toma a palabra no #JovEU

0 611
Comparte!
O acceso ao emprego, a precariedade laboral e o aumento da implicación por parte das empresas son algunhas das cuestións que debatirán as dúas representantes do noso grupo de participación da mocidade no II Encuentro de Juventud.

Noelia Blanco no II Encuentro JuventudO Consello da Xuventude de España acolle ao II Encuentro de Juventud no marco do proxecto #JovEU. As 40 mozas participantes decidirán conxuntamente as propostas políticas que o vindeiro mes de outubro se trasladarán aos responsables políticos (autonómicos e nacional) no marco do Encuentro Estatal de Diálogo Estructurado.

No Encontro, unha das coordinadoras do grupo,Noelia Blanco, presenta o informe “Resultados Finais da enquisa online. Xuventude: Motor de Transformación Social en Galicia” no cal se presentan as principais preocupacións da mocidade galega, a través da análise dos datos obtidos nas enquisas realizadas ao abeiro do proxecto.

Segundo este informe, en Galicia, o emprego é o principal motivo de preocupación da mocidade galega, sendo referido polo 95% das persoas enquisadas, seguido da vivenda e formación laboral.

E por isto que o grupo de participación de mocidade galega, centrase nas problemáticas do acceso ao emprego recollidas a través das enquisas de participación nas que se recollen entre outras non so o desemprego se non a precariedade laboral e os hándicaps a hora de emprender.

Fronte a estas cuestións, o 30%das persoas enquisadas opinan que estas inquietudes, entre outras, debe ser trasladada principalmente aos políticos , seguido dos empresarios/as cun 17% entre outros.

#JovEU está enmarcado no Programa europeo Erasmus + que promove a Unión Europea a través do INJUVE , e que lidera EAPN España , ten como principal obxectivo que a propia xuventude participe na elaboración de propostas as políticas que lles competen.

A través do mesmo, conséguese que mozos e mozas con menos oportunidades e en situación de vulnerabilidade social, atopen canais de participación activa na vida democrática.
Son 7 as persoas que forman o grupo de participación xuvenil de EAPN-Galicia. 7 mozos e mozas residentes en Galicia que desexan ser escoitadas en institucións e partidos políticos, co fin de que as políticas sociais partan da realidade das persoas as cales van dirixidas.

Gráfico principais preocupacións

Principais preocupacións Mocidade galega #JovEU

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies