O 22,6% da poboación galega estaba en 2017 en risco de pobreza ou exclusión (AROPE), fronte ao 25,4% do 2016. 75.000 persoas menos (614.000)
A melloría das persoas con carencias materiais severas, as que están en pior situación, ainda están moi lonxe de poder sair da pobreza. Un 18,7% da poboación segue en risco de pobreza, case a mesa que no 2016, cun 19%.
Galicia mellora a súa situación con respecto ao resto do estado, donde aínda que diminue a taxa AROPE do 27,9% ao 26,6%, a recuperación económica está a perxudicar ás mulleres.
A recén publicada Enquisa de Condicións de Vida 2017 (ECV) publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) trae algúns datos positivos en Galicia, pola baixada de todos os indicadores, ainda que a redución é lenta comparada co crecemento da economía e o temor fundado a que nunha nova crise económica a pobreza de moitas persoas voltaría a empiorar rápidamente. A porcentaxe de poboación en risco de pobreza ou exclusión (AROPE) baixou do 25,4% no 2016 ao 22.6% no 2017. 75.000 persoas menos (de 690.000 a 614.000).
Este optimismo inicial debe moderarse ao desglosar por compoñentes da taxa AROPE, que confirman a febleza da recuperación e a saída definitiva de milleiros galegos e galegas da súa situación de pobreza.
- A taxa de pobreza diminue do 19% ao 18,7%, so tres décimas. Pendentes de coñecer as taxas de pobreza severa e como xa ocorría no exercizo anterior, semella que as persoas que pior están si melloran, pero non abonda para sair da pobreza relativa. O aumento de orzamento en ferramentas como a RISGA ou as medidas de emerxencia en Xunta, concellos e organizacións sociais ten efecto nos datos de pobreza e carencia severas, pero por exemplo no inmediato Decreto regulador da Lei de Inclusión (RISGA) debería fortalecer a saída definitiva da pobreza.
- As persoas en Carencia Material Severa diminúen notablemente (do 4,1 ao 2,4% da poboación) e moi por riba do conxunto do estado. Os sete conceptos deste indicador baixan, pero sorprende que se tripliquen as persoas que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe ao menos cada dous días (do 1,1% ao 3,3%).
- As persoas vivindo en fogares con baixa intensidade laboral (traballando menos do 20% da xornada semanal) diminúe do 13,6% ao 12%. A recuperación do Emprego ten efecto neste indicador, ainda que a baixa calidade do mesmo e a precariedade laboral motiva que a redución non sexa mais profunda (no conxunto do estado, a taxa de pobreza laboral mantense no 14,1%)
Sair da pobreza en España, non para as mulleres
A nivel nacional, aínda que a taxa AROPE diminúe lentamente (do 27,9% ao 26,6%) é moi preocupante a constatación da brecha de xénero en pobreza e que as mulleres non se están a beneficiar de dita reducción.
Se xa a taxa AROPE das mulleres é 1,1 puntos superior á dos homes e a súa redución é moito mais lenta (baixou 0,8 decimas frente aos 2 puntos da masculina), a desigualdade é brutal e evidente nas taxas de risco de pobreza. Mentras a dos homes baixou do 22,6% ao 21% a das mulleres aumentou do 22,1% ao 22,2%.
Resultados por comunidades autónomas
As taxas de risco de pobreza ou exclusión máis elevadas son en Extremadura (44,3%), Canarias (40,2%) e Andalucía (37,3%). As máis baixas en Navarra (13,5%), País Vasco (14,5%) e A Rioxa (14,4%) .
En Navarra, Comunitat Valenciana, Cataluña, Baleares e especialmente Extremadura, empioran os datos de risco de pobreza ou exclusión. O aumento notable en Baleares permite que por primeira vez, Galicia se sitúe por riba (22,6% fronte ao 24,7% balear)
Limiar de pobreza estatal e autonómico
A Enquisa de Condicións de vida do INE considera o mesmo limiar da pobreza para o conxunto do estado (é dicir os ingresos que debe percibir unha familia para estar considerada en pobreza) o que permite ver as diferencias e desigualdades entre CCAA.
O Instituto Galego de Estadística (IGE), na súa Enquisa estrutural a fogares, calcula os datos de risco de pobreza ou exclusión en base ao limiar da pobreza autonómico. A diferencia entre o limiar autonómico e estatal no 2017 é a seguinte:
1 persoa IGE: 638,7 €/mes INE: 710,2 €/mes
2 adultos+2 menores IGE: 1341,2 €/mes INE: 1491,3 €/mes
Os datos do IGE son coherentes coa información estatal: a taxa AROPE (persoas en risco de pobreza ou exclusión) diminuiu entre 2015 a 2016 do 22,55% ao 20,33%, especialmente nas personas entre 16 e 49 anos. O principal compoñente do AROPE, a taxa de pobreza, diminuiu pero de xeito mais moderado, pasando do 16,95% ao 16,06%.
Nas 7 cidades, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social, segundo o IGE, foi a seguinte:
Máis información:
FICHA explicación termos. “O que debes saber sobre a pobreza”
EAPN se muestra muy preocupada por los altos índices de riesgo de pobreza y exclusión social que se mantienen.
La pobreza baja entre los gallegos, pero uno de cada diez vive con menos de 462 euros al mes (Faro de Vigo)
Baja el riesgo de pobreza en Galicia, que aún afecta al 18,7 % de los hogares (La Voz de Galicia)
Entrevista a Antonio Hernández, presidente EAPN-Galicia en Cadena Ser.
El 18,7% de los gallegos está en riesgo de pobreza (El Correo Gallego)
La tasa de riesgo de pobreza bajó hasta el 21,6% en 2017, su menor nivel desde 2013 (Europa Press)
Una de cada tres familias españolas aún no puede permitirse unas vacaciones o un gasto imprevisto (El País)( OLLO, neste artigo existe unha errata : confundindo pobreza severa con Privación Material Severa)
Fai un comentario