O 46,8% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

0 556
Comparte!
Un total de 596.995 contribuíntes non marcan ningunha casiña, nin de Fins Sociais nin da Igrexa, se estas persoas marcaran o X de Fins Sociais recadaríanse 26,6 millóns de euros.
Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin lle devolvan menos, dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que ten obriga de pagar.

foto roda prensa

As entidades do terceiro sector galego xuntáronse en Santiago esta mañá, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD , para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a Campaña X Solidaria deste ano, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.
O presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández Fernández, explicou que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro”. No caso de marcar os dous recadros os cartos non se dividen, senón que se multiplican por dous, pero Antonio fixo fincapé na idea de que “ é un dereito elixir que queres que se faga cos teus cartos, e non todo o mundo pon en práctica este dereito”.
Ademais, o representante de EAPN-Galicia tamén quixo aclarar que cando se marca un recadro os contribuíntes non pagan máis impostos e tampouco lles devolven menos. “Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar”, concluíu. “Nos dende aquí facemos unha firme aposta para que a poboación marque a X de Fins Sociais, posto que ese diñeiro irá integramente destinado a programas e a persoas en risco de exclusión, tanto a nivel nacional como en proxectos de cooperación e desenvolvemento. Sobre o 50% das persoas marca este recadro, e si houbese un incremento nesta opción a recadación para entidades como as que nós representamos sería moito maior. O noso argumentario é moi sinxelo: vivimos unha situación de crise acumulada e moitas persoas atópanse en risco de exclusión, sendo esta unha maneira de axudar e colaborar a sacalos desta situación”
O Presidente do CERMI-Galicia , Anxo Queiruga, explicou que os 15.126.914 euros recadados durante o ano pasado son repartidos entre as organizacións sociais polo que, “son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social”. Ademais disto, Queiruga aclarou que “Son moitos os programas e son moitos os beneficios que nos aportan os recursos que veñen da X solidaria, e dende aquí as entidades que estamos a traballar no terceiro sector pedimos e solicitamos que esa parte da sociedade galega que non marca a X Solidaria, se animen a facelo, porque non hai mellor fin que destinar unha parte dos nosos impostos a mellorar a calidade de vida de centos do persoas.”
Gema Filgueira, Presidenta da Coordinadora Galega de ONGD , realizou un balance das cifras acadadas no recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado. Paz apuntou que “grazas á solidariedade das persoas que destinaron o 0’7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 15.126.914” pero engadiu que, “se ese 46,8% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en máis de 11.518.531 euros”. “Hai 596.995 galegas e galegos que non marcan o recadro de Fins Sociais, un xesto que non custa nada, e para estas persoas vai dirixida a nosa campaña” subliñou Gema Filgueira.

Más información:

Web de la campaña: xsolidaria.org

Twitter: #SiTeRenta

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies