O 30 de xuño e baixo o lema “STOP Violencia administrativa!”, EAPN España e EAPN Galicia celebraron en Santiago de Compostela o Encontro de Participación social. O evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social.
O tema central este ano foi a violencia administrativa ou a aporofobia e a burocratización extremas como xeito de vulneración de dereitos das persoas vulnerables.
Durante toda a xornada culminou o traballo previo en obradoiros locais para identificar propostas e demandas que serán transmitidas a Xunta, concellos e grupos parlamentarios. A xornada culminou cun acto público onde se deu lectura ao manifesto final de conclusións.
Un ano máis e baixo o lema ‘Stop Violencia Administrativa’, EAPN España e EAPN Galicia celebraron o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social, que tivo lugar o 30 de xuño, na Escola Galega de Administración Pública. Esta actividade enmárcase enSantiago de Compostela como Capital Española da Economía Social.
Este encontro tivo como obxectivo xerar un espazo no que se traballa de cara ao empoderamento e participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven e pechou un proceso previo de obradoiros locais para asegurar a participación efectiva e que contou coa implicación e apoio constante de profesionais de organizacións como Accem, AGARESO, Amaranta, APES, Boa Vida, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, COGAMI, Down Galicia e Teima Down Ferrol, Emaus Fundación Social, Fundación Juan Soñador, Medicos do Mundo ou Provivienda.
O encontro centrouse na denuncia e análise da aporofobia e a burocracia extrema (rebautizada como “violencia administrativa” polas persoas afectadas) e como esta contribúe á vulneración de dereitos, especialmente de persoas en pobreza ou exclusión social.
Facendo fincapé en dúas dimensións ou espazos nos que cobra especial relevancia: a exclusión e aporofobia nas relacións coa administración e empresas de servizos básicos á cidadanía, como a banca e telecomunicacións; e a aporofobia e obstáculos no acceso a prestacións ou rendas mínimas (RISGA, IMV, Tarxeta Básica, etcétera), especialmente centrándonos nas primeiras experiencias co novo Ingreso Mínimo Vital.
Durante o resto da mañá, as persoas asistentes traballaron en grupos reducidos o xeito en que estas cuestións afectan na súa vida diaria e, sobre todo, cales son as propostas para que estes dereitos sexan garantidos. Para rematar, realizouse unha votación para priorizalas e completar o manifesto que agora se difunde públicamente e que se enviará a grupos parlamentarios, departamentos implicados en Xunta de Galicia, FEGAMP ou Valedora do Pobo.
“Personas atienden a personas”. Lectura pública do Manifesto STOP Violencia administrativa!
Nesta edición, e a petición das persoas participantes no Encontro, as conclusións e demandas visibilizáronse na rúa. Tras un roteiro dende a EGAP as asistentes chegaron á Praza 8 de Marzo para dar lectura ao Manifesto STOP Violencia administrativa!, que resume o Encontro,
No Manifesto reclámase unha efectiva participación social e política e ter oportunidades para a integración plena: “Non queremos favores nin caridade, queremos que se garantan os dereitos de todas as persoas, apoiando especialmente a aquelas ás que determinadas circunstancias llo poñen máis difícil. Visibilizamos a exclusión e aporofobia nas relacións coa administración, banca ou empresas de enerxía ou de telecomunicacións, entendidos como servizos básicos á cidadanía“
Somos cidadanía activa e, como tal, reclamamos e defendemos os nosos dereitos, reivindicamos o noso espazo e propoñemos medidas que cremos farán posible unha sociedade máis xusta para todos e todas con propostas como:
Asegurar que todas as persoas teñen os medios, formación e información para aceder aos servizos, xestións online, etc. a través dunha figura de acompañamento.
Persoas atenden a persoas: máis persoal, máis coordinación e humanización.
Tratar cada situación de xeito individual e personalizado, con información e asesoramento completo. Empatía, humanización e escoita activa.
Simplificar os requisitos de acceso a diferentes axudas para reducir a burocracia e diminuir os prazos de tramitación.
Comparte!Froito desta investigación resultará un manual de boas prácticas nos programas de inserción sociolaboral, que incluirá propostas de incidencia política que posibiliten o desenvolvemento de políticas sociais e de emprego eficaces, así como de programas de inclusión sociolaboral produtivos. No marco do Programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en…
Comparte!As 14 entidades que desenvolven o programa validan a metodoloxía de intervención e poñen en valor a importancia do traballo en rede Neste programa piloto participaron 292 persoas en situación ou risco de exclusión social, que viron mellorada a súa empregabilidade, e unha cifra significativa delas accederon a un emprego No ano 2022, 14 entidades…
Comparte!As mulleres galegas enfrontan obstáculos para acceder a empregos ben remunerados e posicións de liderado nun mercado laboral marcado pola desigualdade de xénero Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, faise necesario pór o foco na desigualdade de xénero no emprego, tanto no acceso ao mesmo como nas condicións que atopan as…
Comparte!“Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, incidir na falta de vivenda, dignificar os coidados, reducir a soedade e para eliminar fendas e barreiras” manifestou a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de recollida do premio. Radio Galicia SER…
Comparte!O pasado 2 de marzo de 2023 a EAPN Galicia e o seu Grupo de Inclusión organizaron o seminario online “Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión”. Coa inminente actualización da Lei de Inclusión de Galicia, esta xornada pretendíu servir de espazo de reflexión e debate propositivo, para comezar a…
Comparte!EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro) O…
Comparte!Arranca en Galicia o proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up”. O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo. No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para…
Comparte!EAPN Galicia pon en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda. O prazo está aberto ata o 18 de decembro e calquera persoa maior de 18 anos pode participar. A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia),…
Comparte!AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, xa é membro de EAPN Galicia, aumentando as posiblidades de inserción sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social O 7 de Xullo na Asamblea de EAPN Galicia foi aprobada por unanimidade a entrada de AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia como novo membro da…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021, 4.000 menos que o ano anterior. Os datos reflicten o impacto da pandemia polo COVID 19 pero tamén o relativo éxito das medidas de choque contra a…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario