Os fogares dedican case o 31% do total dos seus gastos a vivienda, sendo ese porcentaxe de máis do 40% entre os máis pobres.
O orzamento total destinado a vivenda recortouse nun 75% nos últimos 8 anos
O Consello de Ministros ven de aprobar Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Este plan ten como obxectivo buscar solucións para garantir o acceso a vivenda (Acceso a Plan aquí).
O orzamento destinado a vivenda recortouse nun 75% nos últimos 8 anos. O novo Plan “está moi lonxe das expectativas das entidades sociais”, que reclaman unha maior inversión que reduza a precariedade e a pobreza. De feito, destinarase tan só un 0,03% do PIB, moi lonxe da media europea.
Mentras tanto, o gasto medio dos fogares en aluguer aumentou un 10% entre 2008 e 2016. Según os datos da Encuesta de Presupuestos Familiares 2016 (INE), os fogares dedican case o 31% do total dos seus gastos a vivenda, sendo ese porcentaxe de máis do 40% entre os máis pobres, fronte ao 26,6% entre os que máis ingresos teñen.
Un plan que para pouco vai a servir
Dende EAPN, considérase que este Plan, “sendo continuista respecto do Plan de Vivenda 2013-2016, non vai a resolver a situación de exclusión residencial a que se ve abocada unha parte da poboación, e que requiere dun cambio drástico de rumbo das nosas políticas de vivendas”. Non se tivo en conta a posibilidade de incorporar nalgús dos seus programas, como o de fomento de aluguer, criterios de priorización de situacións sociofamiliares que engaden maior vulnerabilidade; non considera a situación de familias con menores a cargo, a monoparentalidade ou monomarentalidade, as situacións de violencia machista, etc.
Sendo un dos obxectivos deste Plan de Vivienda o fomento do aluguer, tería sido desexable a reincorporación das desgravacións fiscais no tramo estatal do IRPF polo aluguer de vivenda, tal e como existían no Plan anterior.
Se ben consideramos as axudas ao aluguer unha boa ferramenta dentro unha política de vivenda, “é importante que este programa no xenere efectos inflacionistas no mercado”. Neste senso, EAPN considera un erro incorporar de novo axudas, directas ou indirectas, a compra de vivenda, que reactiva novamente o ciclo especulativo construcción-compra-endebedamento.
En cambio, valórase positivamente que o Plan, a diferencia do anterior, contemple específicamente os supostos de infravivenda e chabolismo, dando así resposta a un dos principais problemas de exclusión socioresidencial. Ou que contemple facer acordos con Concellos e non só cos gobernos autonómicos.
A Axenda Social de Galicia como oportunidade
Varias das eivas do no Plan poden minorarse con actuacións que se recollan na nova Axenda Social de Galicia, asinada entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e EAPN Galicia.
Comezando pola necesidade de coñecer a poboación obxectivo, en especial persoas en risco de exclusión ou pobreza severa, transparencia no grado de cumprimento das medidas implantadas, reducir a hiperburocratización que está a causas serios perxuizos ás persoas (ademáis de saturación dos servizos sociais comunitarios e organizacións do Terceiro Sector)
O Decreto que debe regular a Lei de Inclusión (RISGA) é unha excelente oportunidade para reforzar medidas como o complemento vivenda ou a automatización da coordinación entre as áreas de Inclusión e Vivenda nas solicitudes e relación con Bono Alugueiro Social por exemplo. Ou tamén incluir accións coordinadas de loita contra a infravivenda e chabolismo.