Contra os prexuízos e o odio ás persoas en pobreza ou exclusión

Comentarios desactivados en Contra os prexuízos e o odio ás persoas en pobreza ou exclusión 4291
Comparte!
No Día Mundial da Xustiza Social, o Parlamento de Galicia inaugura a exposición “Dun muro das mentiras a un muro da inclusión

As persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais. Ninguén é inútil nin culpable do seu sufrimento”. Está é unha das conclusións da Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade con motivo do pasado Día Internacional para a erradicación da pobreza.

A Declaración, promovida por EAPN Galicia, advirte da “crecente evolución dos prexuízos, estereotipos e intolerancia e ata desprezo polas persoas en pobreza ou exclusión, tal e como denunciaron moitas delas no último Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva baixo o lema “Participando contra prexuízos e mentiras!

Durante este seminario e nos 10 obradoiros locais previos, identificáronse e doúselle visibilidade as mentiras, estereotipos e prexuízos que afectan ás persoas participantes, así como coñecer por qué son mentira e reflexionar sobre o impacto que teñen na súa vida persoal e relacional. Con todas elas construíuse o Muro das Mentiras que agora se presentará no Parlamento.

Na mesma xornada respostouse á pregunta Como lle facemos fronte as mentiras e qué propostas teño? Con todas elas construíuse o Muro da Inclusión. Ambos muros están feitos do xeito mais sinxelo posible, neste caso con caixas de cartón como as que veñen de utilizar para durmir varias das persoas que asistiron.

O 20 de febreiro celébrase o Día Mundial da Xustiza Social, declarado por Nacións Unidas no 2007 para reclamar un desenvolvemento económico e unha globalización que garanta resultados equitativos para todos a través do emprego, a protección social, o diálogo social, e os principios e dereitos fundamentais no traballo.

O acto de inauguración contou co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, xunto á vicepresidenta de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, Mónica Permuy, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, así como deputados e deputadas e responsables de organizacións sociais galegas.

Contra a aporofobia e a intolerancia tamén nas redes sociais

En paralelo á este acto e para reforzar a súa repercusión mediática, EAPN Galicia e as súa entidades membro lanzarán a campaña Mentiras Pobreza en redes Sociais desmentindo e argumentando contra as mentiras identificadas no Seminario de Participación ou transmitindo mensaxes e imaxes reais e en positivo sobre a realidade das persoas coas que se traballa.

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies