Inicio / destacadas / novas / 32 demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ningúen á marxe” que hoxe se inaugurou na Xunta de Galicia
32 demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ningúen á marxe” que hoxe se inaugurou na Xunta de Galicia
Destacouse a urxencia de reducir unha burocracia que non impida un acceso rápido e sinxelo ás persoas que precisen prestacións e axudas contra a pobreza e que non perxudique as ONG que impulsan programas de inclusión social.
As demandas están presentes nas redes coa etiqueta #ContraPobreza
Co motivo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social, esta mañá inaugurouse
a exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén
á marxe”, na Sede da Xunta de Galicia en San Caetano. No acto estiveron
presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o presidente
de EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social, Antonio
Hernández, acompañados de representantes políticas, responsables da
Coordinadora Galega de ONGD e Plataforma
de Infancia de Galicia e de organizacións de acción social.
A exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén á marxe” está formada por fotografías de persoas das organizacións membro de EAPN Galicia, pero o máis importante por 32 demandas e propostas de loita contra a pobreza e a exclusión social que as acompañan, en especial as identificadas nos últimos encontros e seminarios de participación, en Santiago de Compostela ou Canarias.
Das 32 demandas destacan a esixencia dunha simplificación burocrática importante a todos os niveis para que deixe de ser unha carga excesiva e unha escusa para a culpabilización da persoa que se atopa en situación de pobreza. Tamén asegurar unhas rendas mínimas dignas, a erradicación do chabolismo e a infravivenda, accesibilidade plena ou un plan para familias monoparentais (nun 80% encabezadas por mulleres).
En palabras de Antonio Hernández “para que as actuacións que se desenvolven
dende o Terceiro Sector de Acción Social galego se leven a cabo coa mellor
eficiencia e eficacia posible no que á defensa dos dereitos das persoas se
refire, é esencial poder manter a interlocución coas administracións públicas,
lonxe de medidas asistenciais e paternalistas”. Nesta liña, a exposición
pretende poñer o foco sobre algunhas das recomendacións ou indicacións que se
deben seguir por parte de entidades, administración e comunidade para favorecer
a participación a todos os niveis das persoas en situación de pobreza e
exclusión.
Pola súa parte, o Presidente da
Xunta de Galicia expresou que “abrir ás
institucións á sociedade civil faise necesario para que, aínda que non se estea
de acordo en todas as demandas que se expoñen, se abra a reflexión e o debate.
Deste xeito tamén se poderá garantir mellor tanto o cumprimento e actualización
da Axenda Social de Galicia como o avance en materia de Rendas Mínimas áxiles e
dignas”.
Para pechar o acto, Beatriz
Chaos, Zaida Jiménez e Javier Pérez, en nome das persoas traballadoras,
voluntarias ou participantes das entidades membro de EAPN Galicia, deron
lectura á Declaración
Institucional contra o contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou
exclusión aprobado por unanimidade no pleno do Parlamento de
Galicia o pasado Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
Durante o mes que durará a
exposición, as fotos e demandas da mesma estarán tamen presentes nas redes
sociais coa etiqueta #ContraPobreza.
Asegurar que as responsabilidades de coidado non sexan impedimento para a inclusión ou o acceso ao emprego
As persoas non son culpables da súa pobreza: Loita contra prexuizos, intolerancia e aporofobia
Plan galego para familias monoparentais (o 80% delas cunha muller á fronte)
A mocidade é o sector de poboación máis empobrecido. Non podemos permitirnos que queden atrás
Asegurar que as responsabilidades de coidado non sexan impedimento para a inclusión ou o acceso ao emprego
Eliminar prexuizos e estereotipos mediante a información sobre a realidade de todas as persoas (discapacidade, migrantes, privadas de liberdade, etc.)
Defender o dereito a vivir nunha familia implica por exemplo que a RISGA sexa prioritaria en importes e trámites, cando haxa nenos e nenas ou persoas dependentes
Acceso a vivendas sociais 100% accesibles con estudo previo das características de cada persoa (necesidades, ingresos, etc.), con redución significativa da burocracia
Compartir o coidado: permisos de paternidade, roles de home e muller na familia, …
Que se ofrezan como aluguer social aquelas vivendas de bancos e do sector privado desocupadas para especular con elas
Mesmo emprego, mesmo salario. Garantir a lexislación e sancionar cando non se cumpra
Loitar contra a pobreza rural desde pobos e aldeas, non desde as cidades
Por un mundo sen barreiras. Accesibilidade universal XA!
Información e sensibilización en empresas sobre todas as persoas (discapacidade, migrantes, privadas de liberdade, etc.) para eliminar prexuízos e estereotipos
A educación é a base dos nosos valores como sociedade. Debe de ser realmente pública, gratuíta, de calidade e inclusiva
Participación sistemática (presencial e en liña) de persoas en risco de pobreza, non reunións puntuais
Normalizar a percepción da RISGA a inmigrantes comunitarios (ou ante irregularidade sobrevida)
A vivenda é o primeiro! Máximo complemento de vivenda en decreto RISGA
Aumentar o IPREM (paralizado dende 2010) e garantir un salario digno
Rendas mínimas decentes e áxiles. Adaptadas ás necesidades das familias e persoas para permitir unha vida autónoma
Loita eficaz contra os delitos de odio, intolerancia e aporofobia
Educación que aposte polos valores, que traballe a diversidade e a inclusión e que teña en conta os retos dunha sociedade que cambia a gran velocidade
Esixir unha linguaxe administrativa e xudicial entendible, simple, inclusiva e ao gran, para que calquera cidadán a poida entender
Acabar co chabolismo e a infravivenda en Galicia
Os empregos teñen que ser dignos, tanto en salarios como en condicións laborais. Ten que haber máis inspeccións laborais para controlar abusos
Crear cotas nas empresas para que as persoas en situación de pobreza poidan acceder ao emprego
Asegurar participación igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminar por raza, identidade sexual ou xénero, nacionalidade, discapacidade. Sobre todo nas políticas que nos afectan
Eliminar a burocracia para que deixe de ser unha barreira de acceso aos nosos dereitos e de culpabilizarnos
Que se poñan nos nosos zapatos e na nosa pel! Sen empatía, nin a participación política nin a gobernanza son posibles
O 27 de novembro tivo lugar en Santiago de Compostela o seminario ‘Familias monoparentais e loita contra a pobreza e a exclusión social’. Baixo o lema “Construíndo un plan de choque contra a pobreza nas familias monoparentais“, persoas técnicas expertas debatiron e traballaron sobre propostas que melloren a calidade de vida destas familias nas que…
No 2018, 12.188.288 persoas, o 26,1% da poboación española estaba en Risco de Pobreza ou Exclusión Social (AROPE) A feminización da pobreza mantense, xa que taxa AROPE para as mulleres foi dous puntos porcentuais máis alta que a masculina (27% y 25,1%, respectivamente). Por idades, debe destácase a elevada taxa AROPE entre a mocidade de…
No acto do Día Internacional de Erradicación da Pobreza Galicia a Valedora do Pobo e o vicepresidente de EAPN Galicia fortalecen a importancia de non ceder ante a política do insulto e a aporofobia e esixen un compromiso real por parte dos poderes públicos na loita contra a pobreza. No marco do Día Internacional para a…
O presidente do Parlamento de Galicia vén de trasladar aos seus homólogos dos restantes parlamentos autonómicos, do Congreso e do Senado, a Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión social. Esta xestión de Santalices Vieira responde a unha petición expresa formulada por EAPN Galicia coa esperanza de que…
A Xunta de Galicia aproba o Plan de atención ás persoas sen fogar 2019 a 2023 cunha filosofía baseada na defensa dos seus dereitos e da súa inclusión social. Superar o asistencialismo, fomentar a coordinación entre administración autonómica e local e coas organizacións sociais, implantar medidas de mellora da saúde mental e asegurar vivendas dignas,…
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable poden ser unha excelente base para os retos e obxectivos do novo Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030. A Xunta de Galicia comezou a elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, nun proceso que pretende ser participativo e recolla os grandes retos e obxectivos que Galicia se marque no ano 2030,…
Máis de 200 persoas en risco de pobreza ou exclusión de toda España participan no XIII Encuentro de Participación que EAPN-España e EAPN Galicia organizan en Santiago de Compostela do 26 ao 28 de xuño baixo o lema: ‘Lucha contra la Pobreza, la Exclusión Social y la Desigualdad en el marco de los ODS’ A denuncia…
Na Asemblea de EAPN Galicia – Rede Europea contra a Pobreza, aprobouse por unanimidade o documento “Principios para a aplicación da perspectiva de xénero en EAPN–Galicia e nas súas entidades membro”. A nova Xunta Directiva pasa a estar formada por Eloina Ingerto (Fundación Juan Soñador), Daniel Bóveda (ACCEM), Saray Durán (Ecos do Sur), Patricia Blanco…
O 9 de maio, celebrouse en Santiago de Compostela “A mocidade como motor de transformación social “. Un encontro de participación para dar voz aos mozos e mozas organizado polo alumnado da Escola Universitaria de Traballo Social da USC e EAPN-España e coa colaboración do Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC. Cando catro de cada…
Un 54,57 % das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 701.637 persoas (13.899 máis que en 2017) o que permitiu recaudar 16.507.213€ (959.608 € máis) 584.138 persoas seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 455.829 non marcaron ningún recadro e 128.309 só marcaron o da Igrexa)….
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario