EAPN Galicia recibe o Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2016”

0 399
Comparte!
O galardón, outorgado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, distingue á persoa, institución ou asociación que teñan contribuído ao desenvolvemento da profesión de psicoloxía e a través do cal se pretende significar o traballo do terceiro sector neste momento histórico de acusada emerxencia social.

A Xunta Directiva de EAPN Galicia acudirá hoxe ao acto “Achegas da psicoloxía”, encontro organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, no que se fara entrega do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2016” .

galardon-dolores-llopiz

O galardón é un recoñecemento á rede polo traballo realizado dende o 2008 a prol da loita contra a pobreza e a exclusión social, a través da incidencia en políticas sociais así como pola labor de cada unha das 126 entidades do Terceiro Sector Social galego que a conforman e que loitan día a día en contra dos prexuízos, estereotipos e estigmatización das persoas máis vulnerables.
O encontro realizarase no Parador de Ribadeo, e contará, ademais da entrega de premios, cun foro e coloquio sobre a psicoloxía actual e futura, entre outras actividades.
Para máis info aquí tes o programa completo.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies