Inicio / mais novas / novas / O 10 de novembro VOTA contra a Pobreza, a Desigualdade e a Aporofobia: 10 metas para decidir o teu voto
O 10 de novembro VOTA contra a Pobreza, a Desigualdade e a Aporofobia: 10 metas para decidir o teu voto
— 4 Novembro, 2019Comentarios desactivados en O 10 de novembro VOTA contra a Pobreza, a Desigualdade e a Aporofobia: 10 metas para decidir o teu voto276
Comparte!
No 2018, 12.188.288 persoas, o 26,1% da poboación española estaba en Risco de Pobreza ou Exclusión Social (AROPE)
A feminización da pobreza mantense, xa que taxa AROPE para as mulleres foi dous puntos porcentuais máis alta que a masculina (27% y 25,1%, respectivamente). Por idades, debe destácase a elevada taxa AROPE entre a mocidade de 16 a 29 años (33,8%) e o incremento por cuarto ano consecutivo entre as persoas maiores de 65 anos (17,6%).
Por outra banda ter fillos/as é un importante factor de risco de pobreza e/ou exclusión en España. Tódolos fogares nos que viven nenos, nenas e adolescentes teñen taxas máis altas que aqueles onde só hai adultos. Dentro deles, debe subliñarse especialmente a situación dos fogares monoparentais, a metade dos cales están en risco de pobreza (47,9%, cun crecemento de dous puntos porcentuais deste último ano).
Coa nova convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 10 de novembro, dende EAPN-España e as redes autonómicas como EAPN Galicia que formamos parte da mesma, quérese trasladar a tódolos partidos as propostas políticas e sociais contra a pobreza e a exclusión. Para iso preséntase o decálogo ‘10 Metas para la próxima legislatura’que inclúe unha serie de propostas sociais cun obxectivo claro e común: conseguir un Pacto entre os partidos políticos do arco parlamentario, ao fin de facer efectivo o dereito da poboación a unha vida digna, en paz e seguridade.
As medidas concretas que se demandan son as seguintes:
Reducir a pobreza, a exclusión social e a desigualdade
1. Reducir dende o 26,6% ao 15% a taxa de persoas que actualmente se atopan en situación de risco de pobreza e exclusión. (AROPE) (Fonte: Enquisa de Condicións de Vida). Dotar de ingresos aos case 600.000 fogares que actualmente carecen de eles (Fonte: Enquisa de Poboación Activa).
2. Reducir a taxa de risco de pobreza e exclusión infantil do 31% ó 15% (Fonte: Enquisa Condicións de Vida).
3. Reducir a taxa AROPE dos fogares monoparentais do 47,9% ó 25%. (Fonte: Enquisa Condicións de Vida).
4. Reducir do 6,6 ó 5 (media da UE) o índice de desigualdade S80/S20. (Fonte: Enquisa Condicións de Vida).
Inversión nas persoas e o desenvolvemento económico sostenible
5. Aumentar as taxas de emprego, especialmente feminina, das actuais (65,5% para a poboación total e 59,6% para as mulleres) ata a media europea da UE28 (72,2% e 66,5% respectivamente) (Fonte: Enquisa Poboación Activa/Eurostat).
6. Reducir o desemprego xuvenil, do 38,6% ao 16,8%, a media da UE28 (Fonte: Enquisa Poboación Activa/Eurostat).
7. Reducir a taxa de abandono educativo temperán da educación, dende o 18,3% actual ata o 11%, a media da UE28 (Fonte: Indicadores de educación da Estratexia Europa 2020. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte/Eurostat).
Protección social como motor de crecimiento inclusivo
8. Recuperar e promover o parque público e social da vivienda en aluger. Fomentar a mellora da habitabilidade apostando pola rehabilitación do parque inmobiliario. Reducir o sobreesforzo do coste da vivenda e suministros á media europea do 30% da renda do fogar e eliminar a pobreza enerxética. Erradicar o sinfogarismo, o chabolismo, os asentamentos agrícolas e as infravivendas (Fonte: Enquisa presupostos familiares, Enquisa centros e servizos de atención a persoas sen fogar e Enquisa Condicións de vida, INE).
9. Garantir a universalidade da sanidade e o acceso de tódalas persoas, especialmente das que se atopan en procesos de vulnerabilidade e exclusión social, ao sistema sanitario. Mellorar a cobertura e alcance da lei de autonomía personal e atención á dependencia, eliminando a lista de agarda (270.000 persoas aproximadamente) (Fonte: Enquisa nacional de saúde, Barómetro Sanitario, Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia SAAD/Eurostat).
10. Ampliar a cobertura dos Servizos Sociais, mellorando a coordinación territorial, a visión integral, a eficacia e a transparencia, incrementando a participación do Terceiro Sector de Acción Social, con financiación sostida e axeitada (Fonte: Índice DEC de Desenvolvemento dos Servizos Sociais e Informe da Plataforma do Terceiro Sector).
A presidenta de EAPN-Galicia, Eloína Ingerto apuntaba na nova ‘As preguntas a representantes sociais’que: ” A obriga moral de ir votar tamén nola transmiten moitas das persoas en pobreza ou exclusión coas que traballamos nas nosas entidades. Lembrándonos que facendo valer o noso voto se poden conseguir transformacións sociais efectivas”.
Recalcaba tamén que ‘’ter por fin un goberno estable debería implicar a posta en marcha de medidas “en espera” nos eidos como garantía de ingresos, vivenda, emprego digno ou reducción drástica da burocracia. Pero tamén para comprobar se en Galicia seguimos sen ceder ante o discurso político empeñado en rendabilizar o insulto, a mentira e o odio aos máis vulnerables, ás vítimas da aporofobia (rexeitamento ás persoas pobres polo simple feito de selo), xenofobia, racismo ou da violencia machista”
No acto do Día Internacional de Erradicación da Pobreza Galicia, celebrado o pasado 17 de outubro, a Valedora do Pobo e o vicepresidente de EAPN Galicia fortalecían tamén no seu discurso a importancia de non ceder ante a política do insulto e a aporofobia e esixían un compromiso real por parte dos poderes públicos na loita #ContrAporofobia
Comparte!EAPN está a realizar un proceso de investigación e participación para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social. O 4 de decembro, nunha xornada participaron máis de 80 entidades ou persoas vinculadas ao medio…
Comparte!EAPN Galicia participa na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia incidindo en que o investimento en vivenda digna e accesible é a obra pública que debería ser prioritaria nos capítulos 6 e 7 dos vindeiros orzamentos en Xunta, concellos e deputacións. A COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das…
Comparte!Se es unha persoa relacionada co medio rural, precisamos a túa participación nesta consulta online. En especial se tes relación cos eidos de pobreza e exclusión social, vivenda e emprego Os resultados da mesma serán a base da estratexia de incidencia política cos departamentos implicados na Xunta de Galicia, así como en concellos e deputacións….
Comparte!O 27 de novembro EAPN Galicia celebrou unha xornada dirixida a futuras profesionais do eido social onde puideron formular propostas nos eidos de vivenda, emprego, cultura e ocio e educación A xornada contou cun obradoiro de ferramentas sobre cómo incidir políticamente e na sociedade para o cambio social. Futuras e novas profesionais do social (traballo,…
Comparte!O Parlamento de Galicia racha de xeito rotundo coa crispación política en España e aproba por unanimidade unha Declaración Institucional comprometéndose a ‘seguir avanzando na loita contra a pobreza e contra o interesado discurso do odio e a ‘desinformación e visións distorsionadas das persoas en exclusión social’ A Declaración, promovida por EAPN Galicia, advirte que…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2020’ revela que 655.000 persoas, o 24,3% da poboación galega estaban en situación de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2019, 32.698 máis que o ano anterior. A recuperación económica nin o emprego decente chegou á maioría das persoas que se atopaban en pobreza ou exclusión. No último…
Comparte!A pandemia non impediu que persoas en pobreza ou exclusión social participaran no “XI Encontro de Participación para propostas de cambio social que organizaron EAPN España e EAPN Galicia”. No encontro debatéronse propostas sobre rendas mínimas, vivenda e emprego para seren transmitidas a grupos parlamentarios e institucións públicas. 11 grupos de traballo presencial en diferentes…
Comparte!Análise das propostas electorais das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia e o seu nivel de acordo coas demandas de EAPN Galicia PP, BNG e PSdeG teñen un alto nivel de consenso nos seus programas en medidas sociais chave para as persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social No…
Comparte!O 24,3% da poboación galega estaba en 2019 en risco de pobreza ou exclusión (AROPE), fronte ao 23% do 2018. 655.000 persoas, 33.000 maís que no ano anterior. Según a Encuesta de Condiciones de Vida 2019 do INE. No 2019, según o INE empioraron os tres componentes do AROPE: pobreza relativa (do 18,8% ao 20%),…
Comparte!O informe “Fenda dixital: o exercicio dos nosos dereitos en tempo de confinamento” impulsado dende EAPN Galicia conclúe que a fenda dixital tornouse nunha das barreiras tecnolóxicas e dixitais no acceso aos dereitos das persoas en pobreza e/ou exclusión durante a pandemia e o confinamento. O 94% do persoal técnico das organizacións de acción social…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.