42 profesionais e voluntarias de organizacións do Terceiro Sector Galego aprenden e traballan en rede para mellorar a súa comunicación

0 578
Comparte!
O Grupo de comunicación de EAPN Galicia organiza o Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social

O pasado mércores, celebrouse o I Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social, no Centro Demostrador de Tic de Galicia (CDTIC), en Santiago de Compostela.

Esta actividade estaba dirixida Seminario Comunicacióna persoal técnico ou voluntario das asociacións membro da rede que desexaran impulsar a área de comunicación aínda que non contasen con coñecementos específicos neste eido.

A xornada comezou cunha breve conferencia sobre a linguaxe inclusiva, na cal se ofreceron pautas para unha comunicación “decente”, presentando aos asistentes o Código de Conduta en Comunicación contra a Pobreza de EAPN Galicia como documento a ter en conta neste senso.

Co fin de plasmar unha mensaxe inclusiva e que a información chegue a tod@s, fixose fincapé na importancia das publicacións en lectura fácil.

Por outra banda, nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, a xestión de redes sociais foi un dos eixes con máis peso durante o curso, profundizando nas páxinas facebook e twitter.

Por último, e para ofrecer ferramentas de mellora da operatividade e o fomento da creatividade, realizouse unha breve introducción a algúns programas e aplicación para a comunicación, dando paso a clausura do seminario.

 

cartel-comunicacion

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies