Que vos preocupa á mocidade? Que propostas políticas tedes para combatir a pobreza?

0 506
Comparte!
No marco do proxecto JovEU (Mocidade, participación e cambio social) estamos a realizar unha enquisa anónima a persoas mozas de toda España, en especial aquelas con menos oportunidades ou que viven en pobreza ou exclusión social, identificando os temas que lle preocupan e procurando xeitos de interlocución e diálogo político e participación activa na vida democrática.

Xa está dispoñible a consulta online: Mocidade, participación e cambio social. Ata o 18 de marzo busca coñecer as inquedanzas e propostas de mozos e mozas entre 16 e 29 anos de toda España.

Trátase dun estudo enmarcado no proxecto JovEU (Mocidade, participación e cambio social: O Futuro de Europa) impulsado por EAPN España coa colaboración de EAPN Galicia. Pretende fomentar o diálogo estruturado entre persoas mozas e responsables políticos e sociais. En especial búscase permitir que as e os mozos con menos oportunidades e que viven en situación de pobreza e exclusión social, atopen leitos de participación activa na vida democrática.

O Grupo de Participación #MocidadeTransforma, integrado por estudantes da Escola Universitaria de Traballo Social da USC está a impulsar este proxecto en Galicia. Este grupo naceu como resultado do programa ‘A mocidade como motor de transformación social’ que fixo posible no 2019 un espazo de participación e diálogo no que se desenvolveron propostas de mellora e cambio social no eido da vivenda, o emprego e a educación.

No marco deste proxecto, o Grupo de EAPN Galicia está a afondar en problemáticas especialmente preocupanets como a influencia das casas de apostas e xogo on line, a pornografía, o machismo nas institucións, o discurso do odio, estereotipos e aporafobia, entre outras temáticas.

Animamos á participación e a engadir temáticas que sexan de interese e non estean reflectidas na enquisa.

Acceso a consulta.

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies