Reducir á metade a pobreza de Galicia no 2030?

0 634
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable poden ser unha excelente base para os retos e obxectivos do novo Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030.

A Xunta de Galicia comezou a elaboración do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, nun proceso que pretende ser participativo e recolla os grandes retos e obxectivos que Galicia se marque no ano 2030, independentemente dos ciclos electorais e lexislaturas.

Non é casualidade que o 2030 sexa a data fixada por Nacións Unidas para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), asumidos polo estado español e que tamen comprometen as súas comunidades autónomas.

O primero destes obxectivos (ODS 1) establece que “Para 2030, reducir polo menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos de todas as idades que viven na pobreza en todas as súas dimensións con arranxo ás definicións nacionais

Xa o 4 de outubro, EAPN-Galicia participou na xornada sobre a Implantación da Axenda de Desarrollo Sostible na Xunta de Galicia, que organizou a Coordinadora Galega de ONGD .

Entre os diversos elementos de cambio que os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) en España incorporan, dous adquiren unha especial relevancia. Por unha banda, a universalidade coa que está concibida a axenda, de tal modo que boa parte das metas que perseguen os ODS convocan non só aos países en desenvolvemento senón tamén aos países desenvolvidos como España.

Doutra banda, os ODS adquiren un carácter multinivel, dende a consideración de que a consecución dos obxectivos expostos só será posible a partir da implicación e participación de diversos niveis de goberno, incluíndo, polo tanto, aos gobernos subestatais. Uns elementos que, en suma, reclaman directamente á Xunta de Galicia, co fin de que trate de incorporar esta axenda dentro do seu marco de acción.

A través da participación dos poderes públicos de tipo rexional e local é máis factible activar procesos capaces de dinamizar as contribucións e alianzas que poden facer os distintos actores que operan nun territorio concreto: empresas, sociedade civil organizada, universidades, grupos de tipo comunitario…

É por isto, polo que na xornada, estiveron implicados diversos actores, entre eles representantes da Xunta de Galicia do grupo de Alto Nivel para Axenda 2030, Fondo Galego de Cooperación, ONG de acción social ou cooperación, Concellos e Universidades.

Moitas das metas dos ODS xa foron avanzadas no Plan Estratéxico Galicia ( PEG) 2015-2020 , constituíndo eidos de traballo en marcha para a Xunta de Galicia. Entre elas destaca especialmente a de “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”

Seguindo esta filosofía, e co horizonte 2030, o ODS 1 marca que “Para 2030, reducir polo menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos de todas as idades que viven na pobreza en todas as súas dimensións con arranxo ás definicións nacionais”

Sabendo que según o Instituto Nacional de Estatística (INE) no 2018 o 23% da poboación galega estaba en en risco de pobreza ou exclusión (621.000 persoas) cumplir con este ODS implicaría reducir esta cifra en 310.000 persoas. E posible?

Dende EAPN Galicia cremos que si. Comezando por exemplo coa plena e inmediata implantación do decreto regulador da Lei de Inclusión (RISGA) priorizando en importes e tramitación ás familias con menores ou persoas dependentes, pero co horizonte dunha nova Lei de garantía de ingresos que mellore substancialmente á vixente.

Pero tamén con medidas como as que propoñen as propias persoas en risco de pobreza e que se presentaron no pasado Encuentro Estatal de Participación que se celebrou en Santiago de Compostela do 26 ao 28 e xuño.

  • Plan de choque contra a pobreza en familias monoparentais (un 83% encabezadas por unha muller e cun 50% na pobreza)
  • Reducción drástica da pobreza severa priorizando en orzamentos e urxencia as familias que teñan menores ou persoas dependentes ao seu cargo.
  • Erradicar o chabolismo e a infravivenda.
  • Implantación inmediata do Plan galego de Persoas Sen Fogar.
  • Loita contra a pobreza e exclusión no rural
  • Establecer vivendas sociais 100% accesibles as características de cada persoa (necesidades particulares, ingresos, discapacidade, etc.)
  • Aumentar o IPREM (paralizado desde 2010) como o Salario Mínimo Interprofesional .
  • Reducción sistemática de requisitos burocráticos na relación coa cidadanía en risco de pobreza ou exclusión e coas organizacións de acción social.
  • Fomento do emprego e a sustentabilidade medioambiental, a través de programas de economía social e circular, contratando persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
  • Plan atracción e inclusión de poboación inmigrante
  • Medidas contra a soedade.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies