O 30 de xuño e baixo o lema “STOP Violencia administrativa!”, EAPN España e EAPN Galicia celebraron en Santiago de Compostela o Encontro de Participación social. O evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social.
O tema central este ano foi a violencia administrativa ou a aporofobia e a burocratización extremas como xeito de vulneración de dereitos das persoas vulnerables.
Durante toda a xornada culminou o traballo previo en obradoiros locais para identificar propostas e demandas que serán transmitidas a Xunta, concellos e grupos parlamentarios. A xornada culminou cun acto público onde se deu lectura ao manifesto final de conclusións.
Un ano máis e baixo o lema ‘Stop Violencia Administrativa’, EAPN España e EAPN Galicia celebraron o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social, que tivo lugar o 30 de xuño, na Escola Galega de Administración Pública. Esta actividade enmárcase enSantiago de Compostela como Capital Española da Economía Social.
Este encontro tivo como obxectivo xerar un espazo no que se traballa de cara ao empoderamento e participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven e pechou un proceso previo de obradoiros locais para asegurar a participación efectiva e que contou coa implicación e apoio constante de profesionais de organizacións como Accem, AGARESO, Amaranta, APES, Boa Vida, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, COGAMI, Down Galicia e Teima Down Ferrol, Emaus Fundación Social, Fundación Juan Soñador, Medicos do Mundo ou Provivienda.
O encontro centrouse na denuncia e análise da aporofobia e a burocracia extrema (rebautizada como “violencia administrativa” polas persoas afectadas) e como esta contribúe á vulneración de dereitos, especialmente de persoas en pobreza ou exclusión social.
Facendo fincapé en dúas dimensións ou espazos nos que cobra especial relevancia: a exclusión e aporofobia nas relacións coa administración e empresas de servizos básicos á cidadanía, como a banca e telecomunicacións; e a aporofobia e obstáculos no acceso a prestacións ou rendas mínimas (RISGA, IMV, Tarxeta Básica, etcétera), especialmente centrándonos nas primeiras experiencias co novo Ingreso Mínimo Vital.
Durante o resto da mañá, as persoas asistentes traballaron en grupos reducidos o xeito en que estas cuestións afectan na súa vida diaria e, sobre todo, cales son as propostas para que estes dereitos sexan garantidos. Para rematar, realizouse unha votación para priorizalas e completar o manifesto que agora se difunde públicamente e que se enviará a grupos parlamentarios, departamentos implicados en Xunta de Galicia, FEGAMP ou Valedora do Pobo.
“Personas atienden a personas”. Lectura pública do Manifesto STOP Violencia administrativa!
Nesta edición, e a petición das persoas participantes no Encontro, as conclusións e demandas visibilizáronse na rúa. Tras un roteiro dende a EGAP as asistentes chegaron á Praza 8 de Marzo para dar lectura ao Manifesto STOP Violencia administrativa!, que resume o Encontro,
No Manifesto reclámase unha efectiva participación social e política e ter oportunidades para a integración plena: “Non queremos favores nin caridade, queremos que se garantan os dereitos de todas as persoas, apoiando especialmente a aquelas ás que determinadas circunstancias llo poñen máis difícil. Visibilizamos a exclusión e aporofobia nas relacións coa administración, banca ou empresas de enerxía ou de telecomunicacións, entendidos como servizos básicos á cidadanía“
Somos cidadanía activa e, como tal, reclamamos e defendemos os nosos dereitos, reivindicamos o noso espazo e propoñemos medidas que cremos farán posible unha sociedade máis xusta para todos e todas con propostas como:
Asegurar que todas as persoas teñen os medios, formación e información para aceder aos servizos, xestións online, etc. a través dunha figura de acompañamento.
Persoas atenden a persoas: máis persoal, máis coordinación e humanización.
Tratar cada situación de xeito individual e personalizado, con información e asesoramento completo. Empatía, humanización e escoita activa.
Simplificar os requisitos de acceso a diferentes axudas para reducir a burocracia e diminuir os prazos de tramitación.
Comparte!Por primeira vez en Galicia, 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, están a desenvolver de forma conxunta un programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusion social. Desenvolverase entre 2022 e 2023 e está dirixido a case 400 persoas…
Comparte!Mais de 128.000 persoas recibiron estas máscaras cedidas polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno en Galicia grazas á intermediación directa de 35 entidades do Terceiro Sector Social membro das redes EAPN. EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza, en coordinación con EAPN España rematou de repartir entre as entidades de acción social…
Comparte!186 millóns de euros para fins sociais se recadarían se as empresas marcasen a Casiña Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de xerar un impacto positivo na sociedade e contribuír a unha transformación social máis xusta, igualitaria e sostible. A Casiña Empresa Solidaria…
Comparte!Xunto á Asociación de Mulleres Rurais de Medeiros (Monterrei, Ourense) e con mulleres de Allariz e Taboadela organizouse este grupo de diálogo no marco do programa MIRADAS de EAPN España no que se busca diagnosticar a presenza e demandas das mulleres que viven en zonas rurais en relación coas tecnoloxías da información e as comunicacións….
Comparte!Co recadado na anterior campaña, 141 organizacións de acción social poideron levar a cabo máis de 500 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 105.000 persoas Na campaña anterior, en Galicia 744.082 persoas marcaron a X Solidaria, 8.377 persoas máis que hai dous anos, recadándose un total de 19.635.313€. Se todas as galegas e galegos…
Comparte!Neste seminario on line organizado por EAPN Galicia e a Fundación Esplai analizouse o impacto da reforma laboral nas contratacións de persoal nas entidades do Terceiro Sector e nas fomentadas nos diferentes programas de inserción sociolaboral de persoas en vulnerabilidade. A reforma laboral ten unhas implicacións notables e en moitos casos descoñecidas tanto no aumento…
Comparte!O contexto de crise social, económica e sanitaria xerado ao redor da COVID-19, está a evidenciar a fraxilidade dos dereitos alcanzados polas mulleres e a desigualdade xa existente, sostida por un sistema social, político e económico que trata de maneira diferencial a homes e mulleres. No 2022 a Xunta de Galicia debe por en marcha…
Comparte!As persoas en pobreza ou vulnerabilidade denuncian a condea á exclusión financeira ao negarlles en moitas entidades bancarias o dereito a unha conta bancaria básica gratuita, embargando contas a perceptoras de rendas mínimas ou cargando comisións abusivas. Na campaña #AporofobiaBancaria e no seminario “Inclusión financeira: enfoque de dereitos ou aporofobia bancaria?” presentáronse as conclusións e demandas…
Comparte!Asinamos a nova Axenda Social Única de Galicia impulsada polos tres piares do sistema galego de servizos sociais: Xunta, FEGAMP e o Terceiro Sector de Acción Social con enfoque de defensa de dereitos. Na Axenda se recollen múltiples demandas de EAPN Galicia. Dende a educación universal e de balde para nenos e nenas de 0…
Comparte!As entidades de acción social das redes EAPN de toda España comprométense a denunciar a aquelas forzas políticas, sociais, mediáticas ou institucións que difundan discursos de apoloxía do insulto, a violencia, o odio, o racismo ou a xenofobia e que agreden e perxudican directamente ás persoas máis vulnerables. Na Asemblea xeral de EAPN España, celebrada…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario