Inicio / destacadas / novas / As medidas de política social do goberno e a Xunta evitaron que 127.000 galegas e galegos entraran na pobreza coa COVID 19. Por que frear?
As medidas de política social do goberno e a Xunta evitaron que 127.000 galegas e galegos entraran na pobreza coa COVID 19. Por que frear?
O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021, 4.000 menos que o ano anterior.
Os datos reflicten o impacto da pandemia polo COVID 19 pero tamén o relativo éxito das medidas de choque contra a pobreza tanto a nivel estatal como na Xunta, concellos e organizacións do Terceiro Sector de Acción Social.
Avánzase na meta do Plan Estratéxico Galicia 2022-2030 de reducir no 2030 ao 14% a taxa AROPE. Sempre que non se free o esforzo orzamentario contra os efectos da crise motivada pola inflación e o aumento de prezos.
Melloran os indicadores vinculados con medidas de inclusión social, especialmente as persoas que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe cada dous días, que baixa do 14,9% ao 2,1%, demostrando o éxito incontestable de medidas como a Tarxeta Básica.
A feminización da pobreza (en especial nas familias monoparentais) como tamén en nenos, nenas e adolescentes e o agravamento de todos os indicadores vinculados co acceso a unha vivenda digna e accesible seguen a ser os principais factores de risco de empobrecemento.
678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaban en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021, 4.000 persoas menos que o ano anterior pero que poderían ser 127.000 mais sen as medidas de choque contra a pobreza tanto a nivel estatal (ERTE ou Ingreso Mínimo Vital) como na Xunta de Galicia (mantemento RISGA ou, sobre todo, a Tarxeta Básica), concellos e organizacións do Terceiro Sector de Acción Social.
Os indicadores, en especial o de pobreza, mantéñense por debaixo dos do conxunto do estado, onde a taxa AROPE aumenta do 27% no 2020 ao 27,8% no 2021. Coa leve diminución de 1.000 persoas da taxa AROPE dende o 2015, avánzase na meta do Plan Estratéxico Galicia 2022-2030 de reducir no 2030 ao 14%. Sempre que non se free o esforzo orzamentario contra os efectos da crise motivada pola inflación e o aumento de prezos, sobre todo de produtos básicos e enerxéticos.
Agrávase a feminización da pobreza. Das 678.000 persoas que no 2021 estaban en risco de pobreza e/ou exclusión social, 311.000 eran homes (12.000 menos que no ano anterior, 0,9 puntos menos) e 367.000 mulleres (8.000 e 0,7 puntos mais). En especial en fogares monoparentais (54,3% en risco de pobreza ou exclusión) ou de persoas maiores soas.
O risco de pobreza e exclusión infantil e xuvenil apenas diminúe. As cifras máis elevadas corresponden aos nenos, nenas e adolescentes (NNA), cuxa taxa alcanza ao 34%, case nove puntos sobre a que rexistran as persoas adultas (25,4%) e 15 puntos por encima da media no grupo de maiores que ven mellorada a súa situación pola estabilidade das pensións.
Nas zonas urbanas rexistrouse un aumento de 2 puntos da taxa AROPE no último ano, mentres que, nas rurais, tradicionalmente superiores, reduciuse 3,1 puntos. Ambas converxen no 25%.
Na análise dos tres indicadores que compoñen a taxa AROPE, a súa redución explícase pola baixada do indicador de Risco de Pobreza Relativa, compensado polo aumento dos outros dous indicadores: a Baixa intensidade laboral no fogar e a Carencia ou Privación Material e Social Severa.
Risco de Pobreza
A taxa de pobreza galega diminúe e pasa do 22,1% ao 20,2% no 2021. Esta redución volve situala por baixo da media nacional, que aumenta lixeiramente no mesmo período (do 21% ao 21,7%). O decrecemento da taxa nos homes foi de 2,3 puntos e nas mulleres de 1,4 puntos, un 11% e un 6,4% respectivamente.
A taxa de pobreza severa (con ingresos máximos de 530€ mensuais nun fogar dunha persoa ou 1.112€ no de dous adultos e dous nenos ou nenas), tamén diminuíu, do 9,4% ao 8,8%. 237.769 persoas, 16.000 menos que no ano anterior. Pero cunha gran diferencia por sexo: a taxa foi do 8,6% para os homes (fronte ao 10,2% do ano anterior) e do 9% para as mulleres (8,7% no 2020)
A taxa de pobreza elevaríase un mínimo de 4,9 puntos (ata ao 25,1%), 127.000 persoas, sen as medidas extraordinarias de política social implantadas para combater os efectos da pandemia, tanto de goberno central (ERTE, IMV, etc.) como da Xunta de Galicia (RISGA, Tarxeta Básica, etc.). Se non existira ningunha medida pública (agás pensións de xubilación) de loita contra a pobreza e a exclusión, a taxa de pobreza subiría do 20,2% ao 30,6%.
Baixa intensidade de traballo no Fogar (BITF)
O 10,2% da poboación menor de 64 anos residente en Galicia vivía no 2021 en fogares con baixa intensidade de emprego (nos que se traballa menos do 20% do seu potencial de emprego).
A cifra supón un crecemento de 1,5 puntos respecto ao 2020 pero afecta maioritariamente ás mulleres. A súa taxa pasa do 8% ao 10,8 % mentres que a dos homes apenas varía (do 9,4% ao 9,5%).
Privación Material e Social Severa
O novo indicador de Privación Material e Social Severa situase no 6,2% da poboación, 167.234 persoas, o 57% mulleres.
Dentro dos elementos que compoñen o indicador de Privación Material e Social Severa melloran os vinculados con medidas de inclusión social, como a Dificultade para afrontar gastos imprevistos (do 28,1% ao 24,7%) ou especialmente o de Non poder permitirse unha comida de carne polo ou peixe cada dous días, que baixa do 14,9% ao 2,1%, demostrando o éxito incontestable de medidas como a Tarxeta Básica para adquirir de xeito áxil produtos de primeira necesidade (alimentos, hixiene e farmacia) a familias en pobreza ou privación severa.
A emerxencia da vivenda agrávase
Todos os parámetros certifican o agravamento da emerxencia residencial e de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible: o 24,8% das persoas en pobreza dedican mais do 40% da súa renda dispoñible a gastos de vivenda (o 22,9% no 2020), o 19,5% gasta mais da metade da súa renda. Datos que se agravan nas familias con menores.
No 2021, antes do aumento de prezos de enerxía pola guerra de Ucraína, subiron de novo os fogares con retrasos no pago de gastos da súa vivenda, do 8,5% ao 9%, duplicando a taxa do 2017 e especialmente aumentou o das persoas que non poden permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada. Do 9,6% no 2020 ao 13,1% no 2021.
Desigualdade e reparto da renda entre a poboación
A redución da taxa de pobreza e as medidas de apoio á clase media e baixa permitiron mellorar os indicadores de desigualdade. O Índice de Gini pasou de 29,7 a 29,2 (a nivel estatal subiu do 32,1 ao 33) e indicador S80/20 do 5,1 ao 5,0.
Por que frear?
O informe ven de presentarse nun acto xunto á Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño e representantes de grupos parlamentarios, plataformas do Terceiro Sector de Acción Social e entidades membro de EAPN Galicia. Neste acto, a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto López prantexou que “Se temos algunha razón para o optimismo, debemos agradecerlla e darlle, ainda que con retraso, un aplauso ás e ós profesionais e voluntarias que antes, durante e despois da emerxencia da pandemia se deixaron e se están a deixar a pel por defender os dereitos e a dignidade das persoas mais vulnerables: nas organizacións do Terceiro sector, nos servizos sociais comunitarios ou mesmo na Consellería de Política Social“.
A presidenta de EAPN Galicia alertou do agravamento das dificultades de acceso a unha vivenda digna e accesible e a obriga de “cumprir compromisos como o de rematar co chabolismo e a infravivenda, asegurar que os orzamentos de accesibilidade, aillamento térmico ou rehabilitación chegan ás persoas mais vulnerables (e co novo FEDER hai unha oportunidade única), reforzar con fondos propios o orzamento do Instituto Galego de Vivenda e Solo para que poida multiplicar o seu esforzo ou asegurar a implicación e coordinación con concellos e organizacións do Terceiro Sector“.
Non existen datos oficiais pero son abrumadoras as evidencias do sufrimento que o aumento dos prezos de artigos de primeira necesidade ou da enerxía está a causar nas persoas. Neste senso, a presidenta de EAPN non ocultou a preocupación das organizacións de acción social de que os pequenos avances nos anos da crise da pandemia, se poidan perder na actual crise da inflación:
“A emerxencia é agora, e as dificultades para mercar produtos de primeira necesidade, sobre todo de alimentación, tamén. Nunca se felicitará dabondo á Xunta de Galicia pola implantación da Tarxeta Básica. Por que frear? Se sabemos que funciona, por que non poñela de novo en marcha asegurando a implicación orzamentaria dos concellos e reforzando o seu papel como primeiro paso nos procesos de inclusión social e acceso ao emprego?
Comparte!Froito desta investigación resultará un manual de boas prácticas nos programas de inserción sociolaboral, que incluirá propostas de incidencia política que posibiliten o desenvolvemento de políticas sociais e de emprego eficaces, así como de programas de inclusión sociolaboral produtivos. No marco do Programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en…
Comparte!As 14 entidades que desenvolven o programa validan a metodoloxía de intervención e poñen en valor a importancia do traballo en rede Neste programa piloto participaron 292 persoas en situación ou risco de exclusión social, que viron mellorada a súa empregabilidade, e unha cifra significativa delas accederon a un emprego No ano 2022, 14 entidades…
Comparte!As mulleres galegas enfrontan obstáculos para acceder a empregos ben remunerados e posicións de liderado nun mercado laboral marcado pola desigualdade de xénero Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, faise necesario pór o foco na desigualdade de xénero no emprego, tanto no acceso ao mesmo como nas condicións que atopan as…
Comparte!“Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, incidir na falta de vivenda, dignificar os coidados, reducir a soedade e para eliminar fendas e barreiras” manifestou a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de recollida do premio. Radio Galicia SER…
Comparte!O pasado 2 de marzo de 2023 a EAPN Galicia e o seu Grupo de Inclusión organizaron o seminario online “Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión”. Coa inminente actualización da Lei de Inclusión de Galicia, esta xornada pretendíu servir de espazo de reflexión e debate propositivo, para comezar a…
Comparte!EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro) O…
Comparte!Arranca en Galicia o proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up”. O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo. No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para…
Comparte!EAPN Galicia pon en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda. O prazo está aberto ata o 18 de decembro e calquera persoa maior de 18 anos pode participar. A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia),…
Comparte!AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, xa é membro de EAPN Galicia, aumentando as posiblidades de inserción sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social O 7 de Xullo na Asamblea de EAPN Galicia foi aprobada por unanimidade a entrada de AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia como novo membro da…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Dereito, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo e fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, análise de normativa e documentación xurídica e formación de persoas en…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario