O pasado 30 de xuño o Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, en colaboración con Ecos do Sur, organizou este evento en liña para dar a coñecer e crear rede entre as múltiples e diversas iniciativas postas en marcha en Galicia para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
A través desta xornada identificáronse persoas e organizacións, con proxectos e iniciativas que se están a desenvolver en Galicia para seren difundidas tanto en redes sociais coa etiqueta #ContrAporofobia como nunha Guía de Estilo para comunicadoras sobre Aporofobia e Discurso do Odio.
Sen sabelo, este decálogo foi o primeiro esforzo para xerar un discurso de narrativas alternativas e en positivo, lonxe do asistencialismo e a culpabilización e estigmatización das persoas en pobreza ou exclusión social.
Dous anos despois, as propias persoas afectadas, participantes no Seminario “Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza” denunciaron nun Muro das Mentiras a pandemia de odio que xa estaban a sufrir.
Fronte e en paralelo a un aparentemente abrumador e artificial crecemento do discurso do odio en redes sociais e parlamentos, nos últimos anos veñen xurdindo multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social.
A recentemente aprobada Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, inclúe unha disposición adicional pola que a aporofobia será perseguida como delito de odio. Unha demanda atendida e que permite que o termo de aporofobia non só se atope nas academias da lingua senón tamén no Código penal.
Deste xeito, en EAPN Galicia somos conscientes da multitude de iniciativas e proxectos postos en marcha no noso territorio para difundir novas narrativas, e quixemos contribuír a darlles visibilidade e poñelas en común.
A xornada contou con máis de 60 asistentes que puideron coñecer o funcionamento dalgunhas iniciativas galegas que loitan contra o odio e a discriminación dende o ámbito xudicial, educativo, comunitario, narrativo e do ciberactivismo, concluíndo que son necesarias políticas máis igualitarias e inclusivas e continuar traballando nun cambio a nivel narrativo que redunde nun cambio social.
Seguimos buscando iniciativas!
Se ti ou a túa organización contades con algunha iniciativa destas características queremos coñecela! Podes cubrir a seguinte ficha e facérnola chegar a info@eapn-galicia.com. Estaremos encantadas de saber de vos e de poñernos en contacto! Por suposto, podes compartir e difundir esta nova para que chegue a cantas máis persoas mellor.
"Que nada nos separe":mensaxe de sensibilización social: “Se temos tantas cousas en común, por que deixamos que un só cromosoma nos separe?”. (Down Galicia)
#FóraPrexuízos: campaña de concienciación para tratar de desbotar os prexuízos existentes contra as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. (Down Galicia)
Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down: Manual orientado a sensibilizar, e concienciar sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais (Down Galicia)
Síndrome de Down - guía rápida: Vídeo animado no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual. (Down Galicia)
Libro os Bolechas: "Xela celebra o seu aniversario":A historia céntrase na celebración dun aniversario, xa que soe ser un dos momentos máis excluíntes para as persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais. (Down Galicia)
Fear of missing out: Dignificar a saúde mental a través da arte e visibilizar os problemas de saúde mental e mostrar as capacidades das persoas que os teñen. (FEAFES)
Botemos o estigma ao lixo: Sensibilizar á cidadanía sobre os obstáculos que provoca o estigma nas persoas con problemas de saúde mental. (FEAFES)
Nós vémolo claro, ti que ves?: Dar continuidade á campaña “Botemos o estigma ao lixo” e amosar solucións positivas. (FEAFES)
Elas tamén contan: Dar voz e visibilizar ás mulleres con problemas de saúde mental. (FEAFES)
Eu non teño prexuízos: campaña para loitar contra o estigma asociado aos problemas de saúde mental. (FEAFES)
Achégate á rede: iniciativa destinada a capacitar e dotar de autonomía dixital, tanto en ordenadores como en teléfonos móbiles, a mulleres en situación de vulnerabilidade. (Fundación Érguete)
Xeitos de ver: está destinado a persoas que están cumprindo unha condea en réxime de semiliberdade. (Fundación Érguete)
Non nos xulgues: campaña contra o estigma que padece a mocidade tutelada. (Igaxes)
Red Conecta Migración (Iniciativa #sinprejuiciosRCM): propósito de sensibilizar á cidadanía, combater os prexuízos e reivindicar a diversidade como valor indispensable para a cidadanía global. (Fundación Esplai)
OSOLIÑO VIOLETA: Exposición de fotos e curtametraxes contra as violencias machistas.
Comparte!O 12 de setembro tivemos o I Encontro do Forum Xurídico do Terceiro Sector de Galicia na defensa dos dereitos das persoas A xuntanza entre profesionais que se atopan vinculados á área xurídica serviu para coñecer as posibilidades de apoio e aprendizaxe mutuo, traballo en rede, difusión de coñecemento e denuncia do maltrato xurídico. O…
Comparte!Un seminario de interese para calquera organización de acción social, cooperación, medioambiental ou cultural. con interese en coñecer os servizos e produtos da Banca Etica FIARE para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito. 28 de setembro de 10:00H a 11:15h por Zoom….
Comparte! A inclusión sociolaboral das persoas en risco de pobreza ou exclusión social que poden traballar é posible: así o demostran as 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, que conforman a #RedeEmpregoDigno O V Seminario tiña como obxectivo recoller as boas prácticas do ‘Programa integrado para o fomento da…
Comparte!Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social. No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225…
Comparte!O 6 de xuño e baixo o lema “Emprego, a toda costa?” EAPN Galicia organizou en Santiago de Compostela o XIV Encontro de Participación Social. Un evento con espazos inclusivos no que persoas en situación de vulnerabilidade traballan na elaboración de propostas de incidencia política . O tema central deste ano foi a elaboración de…
Comparte!A Coordinadora Galega de ONGD xunto con EAPN Galicia, Agareso e Ecos do Sur organizaron este evento para aprender de experiencias e proxectos inspiradores e persoas expertas nas narrativas e no discurso do odio dende diversos ámbitos, así como para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso…
Comparte!EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos. Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza,…
Comparte!O 15 e 16 de xuño EAPN Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD e as entidades do Terceiro Sector Galego organizan en Santiago de Compostela o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos…
Comparte!Dende o 3 de abril e ata o 30 de xuño, o equipo de Galicia realizará o traballo de campo do proxecto Acceso Vital impulsado por EAPN España para facilitar o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que tendo dereito ao mesmo non o solicitan (Non Take-Up). En A Coruña, Ames, Camariñas, Carballo,…
Comparte!Na campaña do ano 2022, en Galicia 750.867 persoas marcaron a X Solidaria, 785 persoas máis que no ano anterior, recadándose un total de 21.391.293€. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.767€ máis dos recadados. Durante este ano, as organizacións de…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario