O concurso de fotografía #EmerxenciaVivenda xa ten gañadoras

0 658
Comparte!
EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda
As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro)

O xurado do concurso, tras analizar as fotografías presentadas, decidiu outorgar os seguintes premios:

1º Premio: “Morada no bosque” de Guillermo Nicolás

2º Premio: “O rincón dos xoguetes” de Emma Álvarez

3º Premio: “Cóstame a vida” de Dhafinny Lima

As fotografías premiadas, asi como as mais votadas polo xurado pola súa calidade ou interese social formarán parte da Exposición itinerante #EmerxenciaVivenda que se presentará con motivo do Dia da Xustiza Social, o 20 de febreiro e que reclamará a Xunta e concellos a urxencia de aumentar orzamentos e coordinación e de tomar medidas contra a grave realidade da exclusión residencial en Galicia.

A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia), coa colaboración da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), convocou este concurso de fotografía dixital co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda. Nesta campaña procúrase analizar a situación da vivenda e da exclusión residencial en España e Galicia e reivindicar a necesidade de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible como unha condición indispensable para a inclusión social.

Ter a oportunidade de acceder a unha vivenda digna, axeitada e accesible é un factor indispensable para a inclusión social. Por si só, un fogar ou aloxamento digno non garante o exercicio pleno da cidadanía, pero sen dúbida, é unha condición indispensable.

As fotografías presentadas ao concurso tiveron como temática: “Pobreza, exclusión e vivenda” e reflicten situacións reais e actuais desta problemática, como a infravivenda, chabolismo, problemas de salubridade, altos prezos, dificultades de acceso ao alugueiro, falta de accesibilidade, dificultades no medio rural, etc.

Dende o xurado do concurso e dende EAPN Galicia queremos agradecer a participación e a calidade das fotografías presentadas. Segundo as bases, o xurado estivo composto por:

Eloína Ingerto, Presidenta de EAPN Galicia

Saray Durán, Secretaria de EAPN Galicia

Xosé Cuns, Director de EAPN Galicia

Yosehanna Ledesma, Coordinadora do Grupo de Participación de EAPN Galicia

Alba Iglesias, Coordinadora do Grupo de Comunicación de EAPN Galicia

Morada no bosque de Guillermo Nicolás López

O rincón dos xoguetes de Emma Álvarez PérezCóstame a vida de Dhafinny Lima

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies