Participar como requisito para a inclusión e a erradicación do odio e os prexuízos

0 406
Comparte!
No obradoiro “Como imos fomentar a participación nas nosas entidades e en EAPN GALICIA” fíxose balance do que se está a facer dende as entidades para promover a participación e en que se debe mellorar como rede.

A complexidade de xerar, manter e promover participación das persoas en risco de pobreza ou exclusión social foi o relato común de tódalas entidades participantes no obradoiro dende o análise do traballado durante este ano 2018, pero comprobando que é factible coas actuacións realizadas no 2018: IX Seminario Galego de Cidadanía Inclusiva (“Quítannos o dereito de quenes queremos ser: divídennos, etiquétannos, métennos en caixas”), nas campañas: Mentiras pobreza, Reclamo Igualdade e Contra a Pobreza e o Seminario Estatal de participación (“Que se poñan nos nosos zapatos e na nosa pel!”).

Se ben é certo que a participación se deseña e leva a cabo de xeito moi distinto entre as diversas entidades e que os focos de participación son tamén moi diversos, no obradoiro salientouse que o feito de formar parte do Grupo de Participación da rede xera un espazo de conversa e de apoio para dar pé a prácticas mellores de participación.

Compartir experiencias, coñecer distintas realidades e poñer en común distintas prácticas, dificultades e avances axuda a establecer estratexias de mellora e motiva a seguir traballando neste aspecto. Ademais fíxose fincapé na importancia da participación como ferramenta de inclusión e erradicación de prexuízos.

No obradoiro, coa participación de persoas de APES, FEGADACE, EMAUS, Boa Vida, Down Galicia, COGAMI e ACCEM, falouse da necesidade de deseñar modelos de participación mais adaptados ós colectivos cos que se traballa; xerar modos de inclusión tanto no proceso previo de escolla das actividades coma no deseño, implantación e avaliación destas, crear instrumentos de medición do interese e aceptación das distintas actividades ou traballar na a implicación de familiares e membros das xuntas directivas, reducida nos últimos anos en parte pola profesionalización das entidades.

Como propostas de reflexión e incidencia política para traballar no novo ano nas diferentes actuacións de participación falouse de

  • Sistematizar a rendición de contas sobre o resultado das demandas e propostas xurdidas dos seminarios de participación, así como do traslado dende a entidade a EAPN.
  • Crear un modelo de consello virtual no que as persoas poidan participar e ter voz en base a súa experiencia.
  • Como proposta de temas a traballar nos Seminarios estatal e galego, propuxéronse:
    • Como seguimos loitando contra o discurso do odio, prexuizos e aporofobia?
    • Rescate dos dereitos sociais perdidos coa crise poñendo exemplos específicos dos dereitos vulnerados.
    • Desigualdade. En xeral e específicamente desigualdade de xénero.
    • Como melloramos a relación coas técnicas e técnicos de servizos sociais? E dentro das nosas entidades?

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies